- Xa está aberto o prazo de inscripción para que colexios e grupos organizados poidan reservar as súas visitas a granxas de FEIRACO e á iogurtería de CLESA
- Unha iniciativa da nosa cooperativa para achegar o rural a todos os escolares e poñer en valor a gandería.
- As visitas a CLESA renóvanse baixo o nome “O tour do iogur” e as visitas a granxa baixo “Gandeiro por un día”,en ambas a experiencia foi pensada para vivila de forma entretida e didáctica.
Comezamos unha nova tempada de visitas a granxas Feiraco e tamén, a iogurtería de Clesa en Caldas de Reis. Estas visitas realízanse co obxectivo de ensinar todo o proceso de elaboración de produtos lácteos de principio a fin, dende o coidado das vacas e dos campos ata que chega aos nosos fogares; achegando así o rural aos visitantes e poñendo o valor o traballo dos gandeiros e gandeiras.
Gandeiro por un día
A visita a granxas FEIRACO, que recibe o nome “Gandeiro por un día”, será unha experiencia guiada por parte do equipo e gandeiros socios da nosa cooperativa na que os visitantes accederán ás instalacións e coñecerán as becerriñas, as vacas, a sala de muxido e aos exteriores onde se atopan os silos… Unha xornada na que todos os nenos e nenas lles quedará claro de onde vén o leite á vez que se divirten xogando a ser gandeiros e gandeiras por un día.
O tour do iogur
Tamén comezan as visitas para escolares á iogurtería CLESA en Caldas de Reis, a través do programa “O tour do iogur”. Os colexios realizarán un percorrido polas instalacións da planta e descubrirán como o leite, procedente de granxas da cooperativa, se transforma en iogures e postre e finalmente chega ata as nosas casas.
Xa está aberto o prazo de reserva
Xa está aberto o calendario de reservas tanto a granxas como á iogurtería. As visitas á iogurtería Clesa realizaránse todos os xoves e as visitas a granxas, os venres. É necesario realizar unha reserva previa enviando un correo electrónico a visitas@clun.es ou chamando ao 600 79 43 68.
Ambas visitas están destinada a escolares de primaria e de primeiro ciclo da ESO – Alumnado de 5 a 15 anos-. Ademais, os colexios que reserven a súa visita para o primeiro trimestre escolar, entrarán no sorteo dun bono para conseguir esta actividade gratis!