En CLUN, contamos cunha ampla experiencia na produción de alimentación animal de forma rendible e sustentable. Centramos o noso traballo ao redor da Seguridade, Calidade e o Servizo dos nosos produtos. Dispomos dun amplo equipo de expertos técnicos para atender as necesidades de cada explotación gandeira e asesorar aos nosos socios gandeiros de maneira responsable e eficiente.
Ofrecemos todos os produtos necesarios para o desenvolvemento óptimo da actividade gandeira, desde unha ampla gama de produtos destinados á alimentación animal, como aqueles orientados ao benestar animal e á mellora e a eficiencia das gandarías.
Contamos con catro centros de produción de alimentación animal situados en Ribadeo, Melide, Os Barreiros e Ames, así como surtidores de gasóleo e tendas agrarias de última xeración, que garanten a cobertura integral das explotacións gandeiras.