GARANTÍA DE CALIDADE

En CLUN contamos coas máis estritas certificacións de calidade para seguir ofrecéndoche o mellor leite e produtos lácteos con todas as garantías de trazabilidade e seguridade alimentaria. Consulta a nosa Política de Calidade e Seguridade Alimentaria.

CERTIFICACIÓNS DE CALIDADE

Os selos recibidos avalan a calidade do noso método de produción e os nosos produtos.

GALEGA 100%

Concedida pola Asociación Laboratorio Interprofesional Galego e Análise do Leite (LIGAL), garante que a materia prima utilizada para a elaboración do leite e todos os produtos derivados procede exclusivamente das explotacións inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada.

AENOR PEGADA DE CARBONO

As granxas da nosa cooperativa nas que se produce leite Únicla, son as primeiras en España en obter a certificación en protección integral do medio ambiente e conseguir reducir un 20% a súa pegada de carbono. A certificación refírese á análise completa do ciclo de vida do proceso produtivo do leite Únicla, sendo un dos escasos exemplos deste tipo.

GALICIA CALIDADE

Distingue aos produtos galegos da máis alta calidade. Para o consumidor, a marca Galicia Calidade non só garante a orixe galega do produto, senón que é un aval de confianza, prestixio e calidade. Marcas certificadas de CLUN: Feiraco e Únicla.

IFS Food

En CLUN contamos coa prestixiosa certificación IFS Food para as nosas fábricas de Feiraco Lácteos (Ames) e Clesa- Acolact (Caldas de Reis). Este selo certifica e valida os nosos procesos de elaboración, envasado e manipulación dos produtos, toda unha garantía para os nosos consumidores.

BENESTAR ANIMAL

As granxas Únicla de CLUN son as primeiras en Galicia en ser recoñecidas co certificado de conformidade Benestar Animal. Esta certificación avalía, ademais das instalacións, diferentes parámetros dos animais, baseados en 4 principios: alimentación, aloxamento, estado sanitario e comportamento das vacas.