Está aberto o prazo para solicitar a PAC, e dende CLUN, axudámosche a completar o proceso de calquera dos trámites publicados na orde:
- Solicitude única da PAC
- Solicitude de alegacións ao SIGPAC
- Solicitude dos Dereitos a Reserva Nacional ou tramitacións de cesións de dereitos.
Se estás interesado en solicitar estas axudas, en CLUN ofrecemos asesoramento individualizado para cada explotación, no cal, analizamos en detalle todos os aspectos relevantes a ter en conta á hora de realizar as solicitudes.
Asegurámonos de asesorarche para que poidas cumprir con todos os requisitos de condicionalidade e poder así, acollerte a estas axudas. Todas aquelas solicitudes que cumpran os requisitos de solicitar dereitos de reserva nacional, tamén serán asesoradas polos técnicos da nosa cooperativa.
Ademais, unha vez pechado o prazo de tramitación da PAC realizaranse seguimentos e controis de monotorización, e se é preciso, presentaranse alegacións á solicitude única da PAC.
Como podo recibir asesoramento por parte de CLUN?
Se precisas asesoramento nesta materia, podes poñerte en contacto cos técnicos da nosa cooperativa chamando a calquera dos seguintes números:
📞659 816 791 (Rosa)
📞670 426 746 (Lidia)
📞650 714 152 (Rubén)
📞670 426 741 (Laura)
Desde Clun ofrecémosche o asesoramento que precisas na túa gandería. Estamos aquí para axudarche!🤝