- A nova imaxe de CLESA busca actualizarse, é de líneas sinxelas e paleta de cores suaves, e incorpora o valor histórico: desde 1943
- CLESA é a maior iogurteria galega e a cuarta en volume de España e o cambio de imaxe forma parte dunha línea estratéxica de innovación para a marca
- Incorpora nos seus envases o selo de “produto de cooperativa”, que pon en valor o impacto positivo da cooperativa ao integrar toda a cadena de valor sen intermediarios.
Co motivo da conmemoración dos 80 anos da súa fundación, Clesa renova a súa imaxe, e xa se pode atopar en todos os lineais dos supermercados. Esta nova proposta forma parte dunha línea estratéxica basada na innovación na que a marca ten agora o foco: nova imaxe, novos formatos e novos produtos.
Nova imaxe CLESA
A nova imaxe de CLESA é de líneas sinxelas e paleta de cores suaves. Abandona o óvalo, os brillos e os degradados para actualizarse e cumplir 80 anos cunha apriencia renovada e contemporánea.
“É un cambio importante, pero conservamos a tipografía quet iñamos no anterior logo, a cor azul, e unha línea curva que sempre caracterizou os envases de CLESA nos últimos anos. Era necesaria unha renovación, pero tamén o é que o consumidor siga recoñecendo a súa marca de sempre”. Comenta Jessica Rey, directora de Marketing e Comunicación de CLUN (CLESA) .
Ademáis esta nova imaxe fai gala do seu longo percorrido incluindo “dende 1943” na parte inferior do logo, e adicando un espazo á historia da compañía, que comezou nunha pequena leiteira de Burgos, nun dos seus laterais e reafirmando o compromiso da marca por coidad dos seus consumidores.
Produto de cooperativa
Produto de cooperativa, así destaca nos produtos de CLESA un selo que ten como obxectivo visibilizar o valor social dos seus produtos. A nosa cooperativa, formada por gandeiros e gandeiras galegos, xera un impacto positivo no rural. “Con este selo queremos informar ao consumidor de que a súa elección importa, e non é unha elección máis, senon que, verdadeiramente, elixindo un produto de cooperativa, afecta de forma positiva ao rural”.
Todos os produtos de CLESA están elaborados con leite das ganderías da nosa cooperativa e elaborados nas industrias que tamén son da organización. Desta forma, CLUN é a única organización detrás da marca CLESA, é dicir, non hai intermediarios na transformación industrial.
Novos produtos
Outro eixe de innovación no que se está traballando en CLESA é no desenvolvemento de novos produtos e novos formatos.
CLESA apostou polo gran formato, convertíndose na única industria iogurteira de España cunha línea especializada no envasado de cubos de ata 1 kg. Co obxectivo de competir con un produto elaborado en España fronte aos produtos de este formato importados, a marca desenvolveu tres referencias de yogures gregos que xa se están comercializando e fanno, ademáis, coa nova imaxe.
“O formato grande creceun un 20% no último ano, e cremos que hai lugar para máis variedades de yogur neste envase” apunta Jessica Rey, directora de marketing de CLUN. Tanto é así, que están xa traballando no lanzamento da próxima referencia, un yogur grego con stracciatella.