CLUN-fabrica-Feiraco

Cooperativismo

Moito máis que a suma das partes

A cooperativa CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) nace da unión de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto coa vocación de ser referente no sector agrogandeiro galego. CLUN conta con 3.500 socios, a quen lles proporciona as mellores subministracións e servizos integrais, necesarios para a xestión eficiente das súas explotacións. Ademais, a súa división láctea centra a súa actividade na recollida, envasado e distribución de leite e outros derivados lácteos, baixo as marcas Únicla, Clesa, Feiraco e Arquega.

CLUN, alineada cos grandes movementos cooperativos europeos, conta con tres obxectivos estratéxicos que contribúen á sustentabilidade da produción láctea:

CUSTOS

Integración dos servizos técnicos financeiros para alcanzar unha maior eficiencia dos custos de produción. Neste contexto global no que o sector lácteo está condicionado pola forte volatilidade dos prezos que afecta aos nosos socios tanto polo tamaño reducido das súas explotacións como pola falta de integración nun proceso industrial que aporte retorno corporativo.

CALIDADE

Optimizar as subministracións nas mellores condicións competitivas, dado o efecto directo que as materias primas de alimentación animal e outras subministracións representan na competitividade das granxas.

TRABALLO

CLUN, Cooperativas Lácteas Unidas, permite agregar volume para mellorar a cadea de valor e contribuír a súa estruturación. Todo iso contribúe á sustentabilidade do sector primario.

Medio Rural-Medio de Vida

Por unha contorna rural Competitiva, Innovadora, Sostible e Saudable

O modelo de organización cooperativo de CLUN permítenos controlar e optimizar todas as etapas do proceso produtivo, desde a produción do leite de vaca das nosas explotacións ata o envasado e comercialización dos produtos finais.
O mellor leite so pode proceder das mellores granxas.

O leite, comercializado a través das marcas Feiraco, Únicla, Clesa e Arquega, procede unicamente das granxas dos nosos socios. Eles son a peza clave da cooperativa e a eles asesoramos e apoiamos de forma permanente a través dun equipo técnico especializado.

calidade dos nosos produtos comeza incluso antes das seleccións da mellor materia prima. A alimentación das nosas ganderías é tamén unha das nosas principais preocupacións por iso, fabricamos os nosos propios pensos, deseñados a medida das necesidades alimentarias das nosas vacas para que poidan producir o mellor leite.

O noso compromiso con:

as Persoas

a Natureza

a Innovación

o Futuro

En CLUN guiámonos por un modelo de xestión sustentable baseado nun triplo compromiso:

Unha vocación de Responsabilidade Social Corporativa na nosa relación cos nosos grupos de interese: socios, empregados, clientes, consumidores, provedores, e por extensión, a sociedade á que nos debemos.

Unha aposta pola Innovación, aplicada como método a todos os nosos produtos e servizos nunha vocación de mellora continua.

Un compromiso coa Calidade, como marca que nos distingue, entendida como a procura constante da satisfacción do cliente e do consumidor grazas á excelencia do produto.

Desde a perspectiva ética e de compromiso coa economía social, o noso modelo de xestión está orientado a unha tripla sustentabilidade: económica, social e medioambiental, que se resume nas seguintes actividades:

  • Xerar valor para os nosos socios a través do retorno cooperativo.
  • Buscar a excelencia e a rendibilidade das nosas granxas.
  • Ofrecer produtos de máxima calidade e saudables.
  • Afianzar a igualdade de oportunidades e a conciliación.
  • Minimizar o noso impacto ambiental.
  • Impulsar e apoiar proxectos innovadores para mellorar a nosa comunidade.
  • Apostar polas novas tecnoloxías e a dixitalización integral dos nosos procesos.
  • Fomentar a nosa lingua e a nosa cultura como marcas de identidade.
  • Crear proxectos competitivos, sustentables e globais que garantan o futuro.

Apoiar ás familias, tanto dos nosos socios como dos nosos traballadores, promover a igualdade de oportunidades e facilitar a conciliación son algunhas das claves da nosa política de Persoas reflectida no noso Plan de Igualdade.

O Plan de Igualdade de CLUN é un conxunto ordenado de medidas encamiñadas a alcanzar na Cooperativa a igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres, así como a eliminar calquera posible discriminación por razón de sexo. Somos unha organización integradora na que promovemos a implantación de accións sociais baseadas no respecto e o compromiso, que abarcan aspectos tan importantes como o apoio profesional e familiar, a estabilidade e calidade no traballo ou o respaldo a posibles vítimas de violencia de xénero. A conciliación laboral e familiar é tamén una das nosas principais preocupacións facilitando a flexibilidade horaria ás nais e pais, axudas para gardaría, licenzas retribuídas ou permisos especiais para actividades sociais.

Calidade 360º

Cando o Valor está no Noso

En CLUN buscamos un modelo de innovación integral, que permite controlar e optimizar todas as fases do proceso produtivo, desde a orixe ao consumidor; desde a granxa á mesa.

Un modelo de calidade 360º que nos permite abarcar tanto a innovación industrial, en planta e a mellora da calidade dos solos, a diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas do proceso de dixestión das vacas, a procura do mellor perfil dos nutrientes do leite de forma natural e valorar a idoneidade das racións de pasto previamente calculadas.

Apostamos por unha cultura innovadora que favoreza o impulso de ideas e transformacións que supoñan unha mellora no funcionamento de calquera área da cooperativa.

Galeguidade

A nosa razón de ser

CLUN constituye un proyecto de integración cooperativa de más 3.500 socios de casi una treintena de municipios gallegos del centro y norte de nuestra Comunidad Autonómica y Asturias, consideradas zonas estratégicas en el desarrollo del sector lácteo a escala nacional. La homogeneización territorial permite ganar presencia, volumen de negocio, unificar procesos y técnicas, vertebrar la cadena de valor con criterios compartidos en contextos globales, obtener beneficios para todos sus estamentos, ser más competitivos, eficaces y eficientes para poner en valor los recursos naturales de Galicia. Cuenta con una plantilla de más de 406 trabajadores, empleos directos; además de los empleos indirectos asociados a su actividad.

¿TENS ALGUNHA DÚBIDA? ENVÍANOS UNHA MENSAXE