INNOVACIÓN, O MOTOR DE CLUN

En CLUN melloramos día a día buscando a calidade e a eficiencia, coa máxima garantía en todas as fases e procesos da cadea de valor. Por iso é polo que a innovación é un dos alicerces do noso crecemento, cun obxectivo fundamental: optimizar o perfil dos nutrientes do noso leite de forma natural, mediante a alimentación das nosas vacas, para poder ofrecerche produtos máis seguros, saudables e saborosos.

Para conseguilo, ano tras ano mantemos a nosa aposta pola innovación, cun investimento de máis de 1,4 millóns de euros, dos cales máis do 42% é investimento propio realizada desde FEIRACO, e cooperamos con diferentes grupos de investigación tanto a nivel autonómico, como nacional e internacional.

A innovación engloba, por tanto, todos os nosos produtos, procesos e servizos sendo o núcleo central de todas as operacións que levan a cabo desde a cooperativa.

Búscase xerar ideas nas que basear o proceso de creación de novos produtos e servizos, ou mellorar os xa existentes, tendo en conta o capital humano, o coñecemento para transformar os recursos en produtos e servizos que satisfagan as novas necesidades tanto do mercado como da cooperativa e dos seus socios, o espírito empresarial capaz de aceptar riscos dunha maneira organizada e a cooperación interna e externa.

Proxectos de innovación CLUN

CATTLECARE

  

<<Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación>>

 

CATTLE CARE:
Modernización das explotacións gandeiras mediante o control da
actividade animal e os recursos alimenticios.

 

Obxectivos.
Modernización das explotacións gandeiras galegas mediante o desenvolvemento de ferramentas que permitan mellorar a súa xestión a diversos niveis.
1. Monitorización das vacas para dispor de datos sobre pautas de alimentación e comportamento. A análise destes datos permitirá a extracción de patróns de actividade e a consecuente detección temperá de alteracións que afecten á eficiencia produtiva e a aparición de enfermidades.
2. Mellorar a xestión dos recursos alimenticios nas explotacións, mediante a automatización do control de stocks e a loxística de alimentos adquiridos fóra da explotación.
Durante a terceira anualidade do proxecto trasladáronse os desenvolvementos realizados a unha contorna produtiva real. Os dispositivos de monitorización de CATTLECARE incorporáronse nunha explotación gandeira pertencente á cooperativa CLUN onde un grupo representativo de reses levou durante meses o colar de medición. Esta experiencia permitiu verificar e mellorar o funcionamento do clasificador de actividade animal, así como dos sistemas de comunicación, procesado, almacenamento e análise da información recompilada.
Doutra banda, tense implementado unha aplicación web onde os gandeiros poden comprobar a evolución do comportamento das reses da súa explotación e coñecer incidencias destacables de modo que poidan tomar medidas para remedialas rapidamente.
Finalmente, nesta última anualidade realizáronse os procesos de proba e validación tanto dos elementos individuais como do conxunto integrado do proxecto.
Este proxecto está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do programa CONECTA PEME, co apoio da Consellería de
Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia.
Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e en particular
ao OT 1: “Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e una investigación de calidade.

 

Data de inicio: 10/02/2016    Data de fin: 30/11/2018
Axuda concedida: 51.338,07€

 

GALAC

  

<<Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación>>

 

GALAC:
TECNOLOXÍAS PARA DETECCIÓN RÁPIDA E CONTROL DO IMPACTO DAS MICOTOXINAS NA NUTRICIÓN ANIMAL DE GALICIA

 

Obxetivo: CLUN, en agrupación e colaboración con importantes empresas do sector, finalizou con éxito o ambicioso proxecto de I+D titulado “TECNOLOXÍAS PARA DETECCIÓN RÁPIDA E CONTROL SECTORIAL DO IMPACTO DAS MICOTOXINAS NA NUTRICIÓN ANIMAL EN GALICIA (GALAC)”. Este proxecto foi seleccionado para recibir unha axuda económica no programa CONECTA PEME para fomentar a colaboración pública-privada a través de proxectos de investigación e desenvolvemento en cooperación entre pemes, en áreas estratéxicas para a Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O obxectivo principal deste proxecto céntrase en mellorar de forma significativa o control sobre micotoxinas en alimentación animal e as producións gandeiras en Galicia mediante tres eixos de actuación: i) ampliar as micotoxinas investigadas mediante o desenvolvemento dun novo método de análise simultánea dun elevado número de micotoxinas e os seus metabolitos en materias primas e en forraxes e a súa relación cos problemas gandeiros, ii) validar sistemas rápidos de avaliación de micotoxinas mediante NIRS para a súa potencial implementación de maneira sistemática no control de materias primas por parte de gmp.galis en porto ou en plantas de mesturas comunitarias para vacún, e controlar dunha maneira moito máis eficaz a posibilidade de exposición da gandaría galega a micotoxinas e iii) desenvolver un método de avaliación da exposición de gandarías de leite a zearalenona mediante a análise en leite. O proxecto foi liderado por SANOR, microempresa pertencente a AGAFAC, asociación de representantes do sector da produción de pensos en Galicia, que centra os seus obxectivos en mellorar e garantir en todo momento a seguridade alimentaria en Galicia controlando de forma sistemática as materias primas utilizadas polos fabricantes de penso asociados, e un sistema de alerta rápida por se algún resultado obtido excede o lexislado ou o recomendado nunhas especificacións internas. Como socios, participaron CLUN dedicada tanto á fabricación de pensos compostos, subministración de materias auxiliares e servizo técnico para o asesoramento en alimentación nas gandarías de vacún de leite dos socios, tratando de buscar os sistemas de manexo máis adecuados, e a empresa NORESGA, cunha ampla experiencia en servizos de análises na área agroalimentaria e ambiental. Para o desenvolvemento das diferentes actividades colaboraron diferentes organismos de investigación: a Unidade de Servizos Xerais de Apoio á Investigación da Universidade da Coruña (XSAI-UDC), con experiencia no emprego de técnicas cromatográficas para a análise de diferentes tipos de mostras, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), especializado na investigación enfocada á alimentación en ruminantes e o Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura CETGA, con alta experiencia na detección de contaminantes grazas ao enorme potencial do seu laboratorio de microbioloxía e parasitoloxía e ao completo laboratorio de cromatografía.

O desenvolvemento deste proxecto está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación e cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (OT 1. “Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”).

 

Data de inicio: 10/02/2016   Data de fin: 30/11/2018
Ayuda concedida: 87.735,83€

 

FEADER. Medida 4.1.1. Modernización das explotacións agrarias

FEADER. Medida 121.20. Modernización das explotacións agrarias

FEADER C-31-PDR-18

ANO 2018. FEADER C-31-PDR-18

Proxecto consistente en melloras tecnolóxicas en Fábrica de Pensos situada na localidade de Ames (A Coruña), cunha inversión de 270.035  €, para a cal se concedeu unha axuda pública total de 94.512,25 € (cofinanciada polo Feader). Con este proxecto a empresa pretende mellorar a calidade dos produtos e reducir custos.

FEADER 2020: Fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia

FEADER 2020: Axudas para fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia

FEADER 2020: Melloras tecnolóxicas en fábrica de piensos

FEADER 2020: Melloras tecnolóxicas en fábrica de piensos

FEADER 2022: Inversións en maquinaria agrícola en réxime asociativo

FEADER 2022: Inversións en maquinaria agrícola en réxime asociativo

FEADER 2023: Inversiones en maquinaria agrícola en régimen asociativo

FEADER 2023: Inversiones en maquinaria agrícola en régimen asociativo

FEADER Prestación de servicios de asesoramiento a explotaciones agrícolas o ganaderas

FEADER Prestación de servicios de asesoramiento a explotaciones agrícolas o ganaderas

FEADER Mejoras tecnológicas en industria láctea

Bono Consolida Economía Social 2023

FEADER: Proyecto de Mejoras Tecnológicas

Centro de fabricación avanzado de derivados lácteos de alto valor añadido - ACOLAT

CENTRO DE FABRICACIÓN AVANZADO DE DERIVADOS LÁCTEOS DE ALTO VALOR AÑADIDO
Programa: Convocatoria 2020 de las Ayudas a la inversión para infraestructuras locales (Programa Infraestructuras Estratégicas Abiertas) promovidas por
grandes empresas gallegas.
Título del proyecto: Centro de fabricación avanzado de derivados lácteos de alto valor añadido
El objetivo general del proyecto se centra en la creación de un Centro de Fabricación Avanzado especialmente dirigido a la producción y envasado multiformato de productos lácteos y otros derivados de alto valor añadido y elevada vida útil, garantizando la trazabilidad total del proceso y la optimización de las operaciones.
Este Centro de Fabricación Avanzado deberá disponer, entre otras, de las capacidades para:
– Producir y envasar hasta 12.000 Tm/año de productos semisólidos, cremosos y/o gelatinosos y sus derivados, de origen animal o vegetal, frescos o de larga duración.
– Formular ingredientes de alto valor proteico y/o graso para su uso en otros procesos industriales o en canales de consumo.
– Segmentar y procesar diferentes tipologías de leche y derivados.
N° de Expediente: IG274.2020.1.2
Importe de la subvención: 2.500.000 €
Modalidad de la subvención: a fondo perdido
Importe subvencionable: 4.166.666,66 €
Entidades Financiadoras:

INNOVACIÓN 360º

En CLUN apostamos por un modelo de innovación de principio a fin, que permite controlar e optimizar todas as fases do proceso produtivo, desde a orixe ao consumidor; desde a granxa á mesa.

Un modelo 360º que nos permite abarcar tanto a innovación industrial, nas nosas propias plantas industriais, como a mellora da calidade dos solos, a diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas do proceso de dixestión das vacas, a procura do mellor perfil dos nutrientes do leite de forma natural e valorar a idoneidade das racións de pasto previamente formuladas.

Captura-de-pantalla-2016-06-17-a-las-16.45.51-550x300

SAÍDA. PLANTA INDUSTRIAL FEIRACO

A innovación industrial baséase na mellora dos procesos industriais de cara a minimizar o impacto no medio ambiente.

Captura-de-pantalla-2016-06-17-a-las-16.46.23-550x300

PASTO

Método Cornell Net Carbohydrate and Protein System, Cornell University, para a valoración da idoneidade de racións previamente formuladas.

Captura-de-pantalla-2016-06-17-a-las-16.46.07-550x300

AIRE

Diminución das emisións GEI. Minimízanse as emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas do proceso de dixestión das vacas.

Captura-de-pantalla-2016-06-17-a-las-16.46.15-550x300

I+D+I. A MESTURA PERFECTA

Búscase mellorar o perfil dos nutrientes do leite de forma natural, mediante a alimentación animal, buscando alimentos máis seguros, saudables e saborosos.

Calidad de los suelos_praderas CLUN

SOLO

Mellora da calidade dos solos. Diminúense os niveis de fósforo nos xurros, reducindo a eutrofización dos solos agrícolas.

Cow with newborn calf

PROXECTO CATTLECARE

É un sistema de xestión TIC das granxas galegas, que impulsará a súa modernización mediante o desenvolvemento de diversas ferramentas..

Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader): Europa enviste no rural