Producimos, envasamos e comercializamos leite e derivados lácteos procedentes exclusivamente das explotacións dos nosos socios, baixo marcas de referencia no mercado nacional como Feiraco, Únicla, Clesa e Arquega, pondo a disposición dos consumidores produtos de valor engadido que melloran a rendibilidade da nosa produción. Os nosos centros de produción en Ames, Caldas de Reis e Montesalgueiro e unha loxística organizada de distribución que permite levar os nosos produtos a un gran número de puntos da nosa xeografía e máis aló das nosas fronteiras.
DIVISIÓN DE LÁCTEOS
DIVISIÓN DE SERVIZOS
Desde a que provemos aos nosos socios de todo o necesario para a xestión eficiente das súas gandarías: desde o asesoramento agronómico (técnicas de labor, rotación de cultivos, fertilización, control de pragas e malas herbas, recolección e conservación de forraxes); parque de maquinaria agrícola no que destaca unha importante frota de carros mesturadores comunitarios, o asesoramento en alimentación (laboratorio propio de forraxes, materias primas e pensos; racionamento á carta para todas as especies, seguimento en campo), programa de xestión técnico económica das explotacións de leite e carne; servizos veterinarios (reprodución, calidade do leite, ADSG, Certificación de explotacións). Ademais doutros servizos complementarios como asesoría fiscal, corretoría de seguros, comercialización de carne e horta, subministracións de gasóleo, e taller de automóbiles.


DIVISIÓN DE SUBMINISTRACIÓNS
Subministramos aos nosos socios todos os produtos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade no campo, sempre centrados na creación de valor para o asociado. En CLUN dispomos de fábricas de produción de pensos en Ribadeo, Melide, Barreiros e Ames, así como chafarices de gasóleo en Ponte Maceira e Ribadeo e tendas agrarias.