FEIRACO este ano homenaxea os entroidos do Ulla e de Cobres a través de ilustradoras galegas
As caixas de leite de FEIRACO convértense en lenzos que ilustran dous dos moitos entroidos galegos que existen na nosa terra, con motivo do Entroido.
As obras das caixas de leite están feitas por ilustradoras emerxentes galegas. Todos eles son artistas galegos que comparten con nós a súa visión sobre o Entroido de Cobres e do Ulla.
Sarai Lorenzo (@sarailore), inspirada pola natureza e os contos populares, retratou dende o seu punto de vista o Entroido do Ulla cos seus coñecidos Xenerais do Ulla.
Irene Sanjuan (@irenesanjuanilustra), deseñadora gráfica que caracteriza a súa obra sobre un estilo naif foi a encargada de ambientar a caixa do leite desnatado co entroido de Cobres.
En definitiva, todos elas teñen unha personalidade propia nos seus deseños. Unha característica que ten como resultado as ilustracións dos entroidos pasados polos seus pinceis.
Participa e gaña un vasiño para levar do noso Entroido! Se xa tes a túa favorita, participa no sorteo! Só tes que subir unha foto dunha das caixas de leite do Entroido ás stories do teu Instagram co cancelo #entroidofeiraco, etiquetarnos e só terás que ter un chisco de sorte para ser un dos premiados.
Neste mes do Entroido poderás coñecer un pouco máis sobre as ilustradoras das caixas de leite de FEIRACO a través das nosas redes sociais e tamén a través dun acto de presentación onde contaremos máis sobre o seu traballo e o proceso creativo para ilustrar entroidos tan galegos coma nós baixo o estilo e a personalidade propia de cada artista galego.
#Entroidostangalegoscomanos #entroidofeiraco #ilustradorasgalegas