Skip to content
Os nosos valores
Amor polo rural

Traballamos por un rural competitivo, innovador e sostible

Asesoramos aos nosos socios para que as súas explotacións sexan cada vez máis rendibles e poder así, construír xuntos un rural con futuro.

Traballamos ao lado dun milleiro de ganderías.

Ofrecendo asesoramento técnico especialidazo en cada parte do proceso produtivo.

Garantindo a calidade dos nosos produtos incluso antes do comezo do proceso produtivo, dende a selección da mellor materia prima.

Fabricando os nosos propios pensos, porque a alimentación animal é un piar fundamental na nosa actividade.

Deseñando a medida o plan de alimentación animal das nosas vacas, para que poidan producir o mellor leite.

Calidade como selo do noso traballo

O noso modelo de traballo permítenos controlar e optimizar todas as fases do proceso produtivo: dende a orixe ata o consumidor final, dende a gandería ata a mesa.

Apostamos por unha cultura innovadora que favoreza o impulso de ideas e transformacións que supoñan unha mellora no funcionamento de calquera área da cooperativa.

Un modelo de calidade 360

Galeguidade, a nosa razón de ser

Somos a cooperativa do leite de Galicia

CLUN constitúe un proxecto de integración cooperativa de máis de 3.000 socios de case unha trintena de municipios galegos do centro e norte da nosa Comunidade Autonómica, consideradas zonas estratéxicas no desenvolvemento do sector lácteo a escala nacional.

Poñemos en valor os recursos naturais da nosa terra, Galicia

Con capital 100% galego, fabricando a totalidade dos nosos produtos na nosa terra. Sempre temos presente a nosa cultura e fomentámola a través das nosas marcas.

100% Galicia
  • Capital 100% galego
  • Fabricación en Galicia
  • Cooperativismo galego
  • Marca galega 100%
  • Galicia Calidade
Todo sobre a nosa actividade
Visita as nosas instalacións
Visita Clesa Visita á granxa