Máis de seiscentos traballadores destas organizacións están recibindo este agasallo como agradecemento ao seu esforzo durante todo o ano. Sentíndonos orgullosos do noso bo facer!
As outras cooperativas que se suman a esta proposta son a vitivinícola Viña Costeira; Milhulloa, dedicada ao cultivo ecolóxico de plantas medicinais; Embruxo, que produce aceite de oliva; a apícola Erica Mel; Tres Fuciños, produtores de porco celta; Amarelante, dedicada ao cultivo ecolóxico e sostible de castañas; Ribeiregas, cuxa actividade se centra na produción de alimentos ecolóxicos; e Terras da Mariña, especializados no cultivo e comercialización de fabas. Ademais, cóntase coa participación da correduría de seguros agraria Ucoga.