Skip to content
Programa NOVIPRO

NOVIPRO é un programa de recría para novillas deseñado exclusivamente pola cooperativa CLUN e destinado a profesionais gandeiros dedicados á produción láctea nas súas explotacións.

Que é NOVIPRO?

O programa de recría NOVIPRO desenvolveuse co obxectivo de satisfacer as necesidades nutricionais do animal en cada fase do desenvolvemento, dende o nacemento, para que o seu crecemento se realice dunha maneira óptima e rendible para o gandeiro.

Beneficios do método NOVIPRO
  • Mellora a rendibilidade do negocio.
  • Optimiza os recursos da explotación.
  • Incremento da produción leiteira.
  • Máximo desenvolvemento do potencial xenérico.
  • Excelente crecemento para as novillas.
  • Mellora a saúde das novillas.
Programa dinámico NOVIPRO

A través do seguinte documento establécense as recomendacións nutricionais do programa NOVIPRO. Cada unha das fases que comprenden a recría, Lactancia, Destete e Crecemento, inclúen os produtos NOVIPRO recomendados e que axudan a obter os obxectivos marcados.

Descarga o pdf
Productos NOVIPRO

NOVIPRO STARTER
o NOVIPRO STARTER 200
o NOVIPRO STARTER 50

Descargar Programa

NOVIPRO CRECEMENTO
o NOVIPRO CRECEMENTO 23
o NOVIPRO CRECEMENTO 30

Descargar Programa

NOVIPRO LEITES MATERNIZADAS
o TATÓ PREMIUM 60
o TATÓ ELITE 0
o TATÓ BASIC

Descargar Programa

Con innovación industrial, en planta e a mellora de calidade do chan.

A diminución da emisión de gases efecto invernadoiro derivadas do proceso de dixestión das vacas.

A busca do mellor perfil de nutrientes do leite de forma natural.

Valorar a idoneidade das racións de pasto previamente calculadas.

A experiencia de CLUN ao servizo gandeiro

O equipo de expertos técnicos da cooperativa CLUN pon ao alcance do gandeiro todo o seu coñecemento e experiencia na recría de novillas, aportándolle un asesoramento integral e adaptándose ás necesidades da súa explotación. O método NOVIPRO ten como obxectivo aumentar a rendibilidade das explotacións gandeiras, facéndoas máis eficientes e sostibles a través dun óptimo manexo e coidado das novillas.

Información sobre as fases de recría
Periodo fetal
  • O noso programa de recría iníciase na fase de xestación da nai.
Lactancia
  • NOVIPRO, a clave para acadar o máximo desenvolvemento da tenreira.
Destete
  • A tenreira comeza a ser un rumiante funcional.
Crecemento
  • A proteína é o nutrinte máis limitante nesta fase.