Dámoslle aos nosos gandeiros aquilo que necesitan, xusto cando o necesitan.
Ofrecemos todos os produtos precisos para un desenvolvemento óptimo da actividade gandeira. Dende unha ampla gama de produtos destinados á alimentación animal, como aqueles orientados ao benestar animal, a mellora e a eficiencia das gandarías.
Contamos con catro centros de produción de alimentación animal localizados en Ribadeo, Melide, Os Barreiros e Ames, así como surtidores de gasóleo e tendas agrarias que garanten a cobertura integral das explotacións gandeiras.
En CLUN atesouramos o saber facer e a experiencia de varias xeracións de gandeiros. O noso equipo técnico traballa man a man cos socios cooperativistas, poñendo ao seu servizo todo o seu coñecemento e profesionalidade.
Asesoramos aos gandeiros co obxectivo de axudalos a potenciar ao máximo a rendibilidade da súa explotación, facéndoa eficiente, sostible e rendible, acadando así os máximos estándares de calidade.