Skip to content
Innovación

Como motor de crecemento

En CLUN melloramos día a día buscando a calidade e a eficiencia, coa máxima garantía en todas as fases e procesos da cadea de valor. Por iso é polo que a innovación é un dos alicerces do noso crecemento cun obxectivo fundamental: optimizar o perfil dos nutrientes do noso leite de forma natural, mediante a alimentación das nosas vacas, para poder ofrecerche produtos máis seguros, saudables e saborosos.

Para conseguilo, ano tras ano mantemos a nosa aposta pola innovación, cun investimento de máis de 1,4 millóns de euros, dos cales máis do 42% é investimento propio realizada desde FEIRACO, e cooperamos con diferentes grupos de investigación tanto a nivel autonómico, como nacional e internacional.

A innovación engloba, por tanto, todos os nosos produtos, procesos e servizos sendo o núcleo central de todas as operacións que levan a cabo desde a cooperativa.

Búscase xerar ideas nas que basear o proceso de creación de novos produtos e servizos, ou mellorar os xa existentes, tendo en conta o capital humano, o coñecemento para transformar os recursos en produtos e servizos que satisfagan as novas necesidades tanto do mercado como da cooperativa e dos seus socios, o espírito empresarial capaz de aceptar riscos dunha maneira organizada e a cooperación interna e externa.

Innovación 360º

En CLUN apostamos por un modelo de innovación de principio a fin, que permite controlar e optimizar todas as fases do proceso produtivo, desde a orixe ao consumidor; desde a granxa á mesa.

Un modelo 360º que nos permite abaratar tanto a innovación industrial, nas nosas propias plantas industriais, como a mellora da calidade dos solos, a diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas do proceso de dixestión das vacas, a procura do mellor perfil dos nutrientes do leite de forma natural e valorar a idoneidade das racións de pasto previamente formuladas.

Todo sobre a nosa actividade
Visita as nosas instalacións
Visita Clesa Visita á granxa