CLUN nace no ano 2017 da unión de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto coa vocación de ser referencia no sector agro gandeiro galego. Unha unión de 3 cooperativas con moita historia:
Os inicios de Feiraco remóntanse ao ano 1968 cando 400 gandeiros do val de Barcala, unha zona deprimida do interior da provincia de A Coruña, decidiron contribuír activamente ao desenrolo económico e social da comarca. Ao longo da súa historia, máis de 10.000 socios formaron parte da familia Feiraco.
Localizada no municipio lucense de Ribadeo, Os Irmandiños nace en 1976 cando un grupo de 70 gandeiros dos concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá e Foz decidiron construír unha fábrica de penso para abastecer as súas explotacións, principalmente de vacún de leite, prescindindo das casas comerciais que neses momentos cubrían o mercado nunha relación calidade-prezo non favorable. Os Irmandiños inicia a súa actividade en 1978 e incrementa rapidamente o seu número de socios, chegando na actualidade a máis de 1.000 e presenza en uns 40 municipios de Lugo e Asturias.
Localizada no concello coruñés de Melide, Melisanto naceu en 1979 da iniciativa dun grupo de agricultores e gandeiros dos municipios de Melide, Santiso e Toques cos seguintes obxectivos fundacionais: adquirir produtos para as explotacións agrícolas e gandeiras dos socios, comercializar as producións, elaborar pensos compostos para o gando e, en xeral, servizos a socios para a mellora integral das súas explotacións.
2017
Maio, 2018
Xullo, 2018
Outubro, 2018
Decembro, 2021
Febreiro, 2022