ASESORAMENTO E APOIO CONSTANTE AS NOSAS GRANXAS

En CLUN, contamos cunha ampla experiencia na produción de alimentación animal de forma rendible e sustentable. Centramos o noso traballo ao redor da Seguridade, Calidade e o Servizo dos nosos produtos. Dispomos dun amplo equipo de expertos técnicos para atender as necesidades de cada explotación gandeira e asesorar aos nosos socios gandeiros de maneira responsable e eficiente.

Ofrecemos todos os produtos necesarios para o desenvolvemento óptimo da actividade gandeira, desde unha ampla gama de produtos destinados á alimentación animal, como aqueles orientados ao benestar animal e á mellora e a eficiencia das gandarías.

Contamos con catro centros de produción de alimentación animal situados en Ribadeo, Melide, Os Barreiros e Ames, así como surtidores de gasóleo e tendas agrarias de última xeración, que garanten a cobertura integral das explotacións gandeiras.

SUBMINISTRACIÓNS

  • Forraxes
  • Mestura unifed húmida para vacas de leite
  • Mesturas completas secas e empacadas para vacas secas e xovencas
  • Pensos:

– Vacún (Vacas, tenreiros e xovencas)

– Porcino

– Galiñas

– Coellos

– Cabras e ovellas

– Cabalos

  • Produtos de gandaría
  • Equipamento para instalacións gandeiras
  • Zoosanitarios
  • Fertilizantes
  • Sementes
  • Ensilado (plásticos, aditivos…)
  • Fitosanitarios
  • Produtos agrogandeiros
  • Maquinaria e produtos de xardinería e horta
  • Bricolaxe e ferraxería
  • Alimentación
  • Alimentación Animal
  • Bazar e Droguería

As nosas tendas agrarias atópanse en:

  • Ribadeo
  • Melide
  • Santa Comba
  • A Picota
  • Ordes
  • Taller de maquinaria e vehículos
  • Combustibles.

As nosas gasolineiras atópanse en:

  • Ribadeo
  • A Picota
  • Ames