Esta tempada verás o leite semidesnatado de FEIRACO lucindo a imaxe do coñecido carboeiro do Courel, o Apalpador.
Con esta inicitiva solidaria queremos axudar á reforestación de todos os montes queimados na zona do Courel neste verán. Dende que existen rexistros en Galicia foi o indencio máis grande de toda a Comunidade. Envasamos 300.000 envases cheos de leite solidario co que doaremos 1 céntimo por cada litro. Un total de 3.000€ que serán doados ao plan de recuperación do montes nesa zona para aportar a nosa pinga de leite e así conseguir que as montañas do Apalpador volvan ser verdes e frondosas.
Tanto o envase como a caixa do leite semidesntado de FEIRACO presume da figura do Apalpador para mostrar o seu apoio e compromiso coa cultura galega. Pero tamén é un xeito de non esquecernos dun dos incendios máis grandes da historia de Galicia. Un lume que arrasou con máis de once mil hectáreas durante quince días nos municipios de A Pobra do Brollón, Quiroga e Folgoso do Courel.
Se aínda quedaches con ganas de saber máis bótalle un ollo á nosa web para saber máis desta solidaria iniciativa ??