Acompañamos ao equipo de Xóvenes Gandeiros, do cal somos patrocinadores oficiais, ao Pazo de Quián, onde a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, os recibiu para felicitalos polos logros acadados no concurso internacional de manexadores celebrado do 28 de agosto ao 1 de setembro en Bélxica.
O equipo integrado por Simón Blanco, da Gandería Queirugueira, de Val do Dubra; María e Andrea Otero, da Gandería Fontixón, de Castro de Rei; Lorena Iglesia, de SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza; Alba López, da Gandería Quintián, de O Páramo, e Xabier Montes, de Casa do Rei, en Rodeiro, impúxose aos outros 28 participantes na competición, que reuniu a 180 xóvenes gandeiros procedentes de todo o mundo.
Para a cooperativa CLUN é un orgullo apoiar iniciativas coma esta, pois é todo un orgullo colaborar co Club de Xóvenes gandeiros e seguir traballando en conxunto para asegurar o relevo xeracional e unha gandería con futuro.
#GanderíaConFuturo