cesta cooperativa 2022

CLUN crea unha cesta de Nadal en colaboración con outras nove Cooperativas Galegas

Máis de seiscentos traballadores destas organizacións están recibindo este agasallo como agradecemento ao seu esforzo durante todo o ano. Sentíndonos orgullosos do noso bo facer!

As outras cooperativas que se suman a esta proposta son a vitivinícola Viña Costeira; Milhulloa, dedicada ao cultivo ecolóxico de plantas medicinais; Embruxo, que produce aceite de oliva; a apícola Erica Mel; Tres Fuciños, produtores de porco celta; Amarelante, dedicada ao cultivo ecolóxico e sostible de castañas; Ribeiregas, cuxa actividade se centra na produción de alimentos ecolóxicos; e Terras da Mariña, especializados no cultivo e comercialización de fabas. Ademais, cóntase coa participación da correduría de seguros agraria Ucoga.

 

Cooperativistas de Irlanda visitan a cooperativa CLUN e reúnense con mulleres gandeiras da asociación Mulleres de Seu

A cooperativa rural CLUN recibimos a unha delegación da Sociedade Irlandesa de Organizacións Cooperativas (ICOS, polas súas siglas en inglés), que visita Galicia do 19 ao 21 de setembro. A delegación irlandesa ten a oportunidade de reunirse con mulleres gandeiras da Asociación Mulleres de Seu, impulsada pola cooperativa CLUN para fomentar a visibilidade e o…