Cooperativas Lácteas Unidas consolida unha facturación de 230 millóns de euros en 2017

  • O director xeral de CLUN, José Luis Antuña, expuxo as principais cifras da cooperativa, que facturou o pasado exercicio máis de 125 millóns de euros. Feiraco Lácteos, máis de 76, e Acolat- Clesa preto de 28 millóns. A cooperativa e as súas sociedades investiron máis de 5 millóns de euros en maquinaria e novos envases, sistemas de información e novas tecnoloxías, proxectos de I+D+i e outros activos industriais
  • José Luis Antuña asegurou que Galicia ten condicións para consolidarse como a principal potencia láctea de España e animou a buscar masa crítica para crear alianzas que xeren valor. “Estamos abertos ao futuro, ao crecemento e á integración se ten sentido para a mellora de todos e cada un dos nosos socios”, afirmou
  • O presidente da Cooperativa, José Ángel Branco, destacou os recoñecementos de CLUN durante este ano, síntoma de que “estamos a facer ben as cousas” e lembrou que este Encontro “contribúe a fomentar o orgullo de pertenza ao medio rural e a estimular o traballo colectivo dos nosos socios”