Mulleres de Seu leva o seu proxecto ao Congreso dos Deputados

  • Nunha visita que organizaron onte e na que foron recibidas pola presidenta da Cámara Baixa, Ana Pastor, e polas Comisións de Igualdade e de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • A iniciativa Mulleres de Seu, que agrupa na actualidade a máis de 150 socias, constitúe a aposta de Cooperativas Lácteas Unidas pola igualdade e busca o desenvolvemento profesional como empresarias e gandeiras

Feiraco cumpre 50 anos liderando o lácteo dende o cooperativismo

  • Máis de 300 persoas entre socios, clientes e colaboradores celebraron o medio século de historia de Feiraco cun acto institucional que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, entre outras destacadas personalidades institucionais
  • Durante o evento fíxose entrega de recoñecementos a diferentes institucións e persoas que contribuíron ao desenvolvemento de Feiraco desde as súas diferentes áreas de influencia

‘MULLERES DE SEU’, PREMIO AGADER 2018

  • A vicepresidenta de Feiraco e coordinadora deste grupo de empoderamento feminino no rural recolleu hoxe a distinción na categoría Mulleres en presenza do presidente da Xunta
  • A iniciativa Mulleres de Seu, que agrupa na actualidade a máis de 150 socias, constitúe a aposta de Cooperativas Lácteas Unidas pola igualdade e busca o desenvolvemento profesional como empresarias e gandeiras 

Cattle Care

Cattle Care: Modernización das explotacións gandeiras mediante o control da actividade animal e os recursos alimenticios Obxectivo: Modernización das explotacións gandeiras galegas mediante o desenvolvemento de ferramentas que permitan mellorar a súa xestión a varios niveis: Monitorización das vacas para dispoñer de datos sobre pautas de alimentación e comportamento. A análise destes datos permitirá a extracción…

Acordo de CLUN e a Secretaría Xeral de Iguladade para poñer en valor o grupo “Mulleres de Seu”

  • As máis de 450 socias deste grupo para o empoderamento da muller no rural terán, entre outros, acceso a formación de calidade dentro do VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 2017-2020, activado pola Xunta para a empregabilidade e o desenvolvemento profesional das mulleres rurais
  • O convenio inclúe tamén accións de difusión e asesoramento a Mulleres de Seu por parte da Secretaría Xeral

 

CLUN premia, un ano máis, as Letras Galegas

  • A cooperativa celebrou hoxe o acto de entrega dos galardóns correspondentes ao tradicional certame literario que convoca con motivo do Día das Letras Galegas
  • Os gañadores da VII edición do certame de Microrrelatos de Feiraco foron Arcadio Mallo, Tania Vidal e Susana Villamor, na categoría de adultos; e Lorena Fernández, Ariana Núñez e Nerea Costa, na xuvenil
  • No acto de entrega participaron, entre outros, o secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, o presidente da Real Academia Galega, o vicepresidente e o director da división láctea de CLUN