CLUN, PRIMEIRA LÁCTEA ESPAÑOLA COA CERTIFICACIÓN CARBÓN NEUTRAL NOS SEUS ENVASES PURE-PAK®
- Os envases Pure-Pak® das marcas Feiraco e Únicla inclúen este selo, que garante a redución a cero das emisións de CO2 no seu proceso de fabricación
- A cooperativa é, unha vez máis, pioneira coa incorporación deste distintivo, co que deixará de emitir ao redor de 1.650 toneladas de dióxido de carbono ao ano