Milagros é gandeira desde os 16 anos, que foi cando marchou para Novela, unha pequena aldea galega na que comezou a súa historia coa gandería.
Os seus comezos como gandeira non foron doados, pois era un mundo totalmente novo para ela, pero isto pronto cambiou cando comezou a conectar co mundo do campo e da gandería. Pois agora mesmo teno claro: “Mellor cousa ca o campo, hoxe en día, non hai”.
Milagros tamén forma parte da asociación de gandeiras da nosa cooperativa, Mulleres de Seu, algo que para ela é moi importante. Pois esta asociación é para ela unha forma de reunirse entre compañeiras, de compartir opinións e consellos e por suposto, de aprender sempre cousas novas unhas de outras.
3 razóns polas que a Milagros lle gusta ser gandeira:
- Unha das mellores cousas de traballar no campo é que do campo ves saír todo. Dunha cousiña moi pequena, ves saír unha cousa moi grande.
- Outra das razóns é ver que o papel da muller gandeira cambiou ao 100% nos últimos anos, agora nós podemos dicir que vivimos bastante ben. Pois sendo gandeira estás cos teus, vives cos teus e estás a diario nun ambiente bo.
- O que máis lle gusta de ser gandeira é a calidade de vida que temos porque estamos rodeados de animais, de natureza. “Estar rodeada do campo parece que che da vida, que sempre tes vida”