En CLUN contamos coas máis estritas certificacións de calidade para seguir ofrecéndoche o mellor leite e produtos lácteos con todas as garantías de trazabilidade e seguridade alimentaria. Consulta a nosa Política de Calidade e Seguridade Alimentaria.
A palabra calidade está sempre presente en cada cousa que facemos, e estes son os selos que o avalan:
As granxas ÚNICLA de CLUN son as primeiras de Galicia en ser recoñecidas co certificado de conformidade Benestar Animal. Esta certificación avalía, ademais das instalacións, diferentes parámetros dos animais, aloxamento, estado sanitario e comportamento das vacas.
As granxas da nosa cooperativa nas que se produce leite ÚNICLA, son as primeiras en España en obter a certificación en protección integral do medio ambiente e conseguir reducir un 20% a súa pegada de carbono. A certificación refírese ao análise completo do ciclo de vida do proceso produtivo do leite ÚNICLA, sendo un dos escasos exemplos deste tipo.
En CLUN contamos coa prestixiosa certificación IFS Food para as nosas fábricas de Feiraco Lácteos (Ames) e Clesa-Acolat (Caldas de Reis). Este selo certifica e valida os nosos procesos de elaboración, envasado e manipulación dos produtos, toda unha garantía para os nosos consumidores.