Para ter todo o necesario para unha xestión cada vez máis eficiente das explotacións. Estas son as áreas de negocio da nosa cooperativa:
Producimos, envasamos e comercializamos leite e derivados lácteos procedentes exclusivamente das explotacións dos nosos socios.
Baixo marcas de referencias no mercado: Feiraco, Únicla e Clesa. Poñemos a disposición dos consumidores produtos de valor engadido que melloran a rendibilidade da nosa produción.
Os nosos centros de produción en Ames e Caldas de Reis e unha loxística organizada de distribución permítenos levar os nosos produtos a un gran número de puntos da nosa xeografía e máis alá das nosas fronteiras.
Proveemos aos nosos socios de todo o necesario para a xestión eficiente das ganderías:
O noso equipo de técnicos agrícolas adícase ao asesoramento da produción de forraxes, abarcando as seguintes especialidades: fertilización, elección de sementes, rotación de cultivos, seguimento da evolución dos cultivos, control de plagas e malas herbas, recolección e técnicas de conservación.
O noso equipo de nutrólogos está especializado e orientado ao asesoramento en alimentación animal, tanto en vacún de leite como de carne. (Laboratorio propio de forraxes, materias primas e pensos, racionamento á carta para todas as especies, seguimento no campo).
Desde a nosa cooperativa desenvolvemos unha continuada actividade formativa centrada nos seguintes grupos temáticos: produción de forraxes, calidade do leite, xestión económica, defensa sanitaria, xenética, subvencións e PAC.
Poñemos a disposición dos nosos socios e socias un servizo de certificación de explotacións de vacún de leite, co asesoramento e control documentario necesario.
Contamos cun amplio parque de maquinaria que oferta os seguintes servizos: sembra, encaldado e abonado, aplicación de fitosanitarios, sega e recolección de forraxes, transporte de forraxes.
Carros mesturadores: o servizo de carros mesturadores é unha das seccións máis importantes do noso parque de maquinaria, a través da cal prestamos servizo de elaboración da ración unifed diariamente a máis de 160 ganderías (15.000 vacas).
Poñemos a disposición dos gandeiros e gandeiras un especializado equipo veterinario adicado ao asesoramento e asistencia en diferentes ámbitos: asesoramento no manexo, sanidade xenética, certificación de explotacións, calidade do leite e reproducción.
Servizo de reproducción: control reproductivo, sexado, control periparto, control da recría.
Servizo de mamitis: asesoramento e control das mamitis clínicas e subclínicas, manexo e pautas de ordeño, protocolos de Tratamento e prevención, revisión dos equipos de ordeño e tanques de frío.
O noso servizo de asesoría ofrece todo o necesario para a xestión fiscal e laboral dunha explotación:
- Asesoría fiscal
- Asesoría contable
- Asesoría laboral
Suministramos aos nosos socios todos os produtos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade no campo, sempre centrados na creación de valor para o asociado.
Fábricas de produción de pensos: en Ribadeo, Melide, Barreiros e Ames.
Surtidores de gasóleo: en Ponte Maceira e Ribadeo
Tendas da cooperativa: en Ribadeo, Melide, Santa Comba, A Picota e Ordes.
Forraxes, mestura húmida para vacas de leite, mesturas completas secas e empacadas para vacas secas e novillas, pensos (vacún, porcino, galiñas, conexos, cabras, ovellas e cabalos).
Fertilizantes, sementes, ensilado e fitosanitarios.
Taller de maquinaria e vehículos, combustibles.
Produtos de gandería, equipamento para instalacións gandeiras e zoosanitarios.
Produtos agro gandeiros, maquinaria e produtos de xardinería e horta, bricolaxe e ferraxería, alimentación, alimentación animal, bazar e droguería.
CLUN Ribadeo: A Preixoana, 13, 27796 Ribadeo, Lugo.
CLUN Melide: Lg. De Agueiro, Rúa Furelos, s/n, 15800 Melide, A Coruña.
CLUN Santa Comba: Rúa Miraflores, 4, 15840 Santa Comba, A Coruña.
CLUN A Picota: Ctra. Picaraña, 11 – 15256 – Mazaricos, A Coruña.
CLUN Ordes: Conde, 1 – 15680 Ordes, A Coruña.