Traballamos polo futuro da gandería
- Impulsando o primeiro FP Dual de Asistencia en Sanidade Animal do ensino público galego, no IES de Melide.
- Colaborando coa ONG Ecos do Sur formando a persoas migrantes para a integración laboral en ganderías.
- Colaborando co Club de Xóvenes gandeiros como patrocinadores oficiais nos concursos de Manexadores.
Acción social
Compromiso pola igualdade
Levamos 10 anos traballando a través da asociación “Mulleres de Seu” pola igualdade e o empoderamento feminino no rural.
Compromiso co futuro do rural
Colaboramos coa ONG Ecos do Sur no programa “Habita Rural” formando a migrantes de diferentes países nas ganderías da nosa cooperativa, co obxectivo de cubrir postos necesarios para o sector e asentar novas xeracións no rural.
Recoñecementos
2013
Inicio da agrupación
2017
Premio á Igualdade de Oportunidades – Cooperativas Agroalimentarias de España
2018
Premio pola innovación da muller no rural – Axencia galega Desenvolvemento Rural
2019
Medalla Emilia Pardo Bazán – Xunta de Galicia
2021
Premio Muller Agro – Siete Agromarketing
2023
Aniversario Mulleres de Seu