O EBITDA marca súa maior cifra desde a súa fundación A cooperativa de FEIRACO, CLESA…

CLUN volve á Semana Verde de Galicia con novidades nos seus lácteos e actividades para toda a familia
- No pavillón de alimentación, CLUN presentará a nova imaxe de FEIRACO e a última innovación dos lácteos ÚNICLA A2: con todos os beneficios de ÚNICLA e, agora, ademais, de vacas 100% A2.
- Na zona gandeira, a caseta exterior CLUN amosará a parte máis agrogandeira da cooperativa
A cooperativa rural galega CLUN participará, un ano máis, na Semana Verde de Galicia, que celebrará a súa 47ª edición entre o 5 e o 8 de xuño, cunha presenza destacada tanto no exterior coma no interior do recinto. A feira, considerada a maior cita multisectorial de mostras e ocio do noroeste peninsular, servirá de escaparate para poñer en valor o traballo que desenvolve a cooperativa.
No espazo exterior, a cooperativa estará na súa caseta de madeira na que amosará a parte máis vinculada á rama de negocio agrogandeiro. Nesta liña, os visitantes poderán coñecer todos os produtos e servizos ofrecidos: desde pensos, sementes e fitosanitarios ata asesoramento técnico especializado. Ademais, os técnicos da cooperativa estarán presentes durante toda a feira para resolver dúbidas e compartir información.
Ademais, esta caseta incluirá unha área pensada especialmente para os máis pequenos, cun circuíto de tractores e actividades guiadas por monitores, co obxectivo de achegar o sector gandeiro ás idades máis temperás dunha maneira didáctica e amena.

Este ano, CLUN contará cun stand propio na zona de exposición de Salimat. Alí, as súas tres marcas lácteas, Feiraco, Clesa e Únicla A2, serán as auténticas protagonistas.
Neste espazo interior, deseñado para crear unha experiencia completa arredor dos produtos, os visitantes poderán probar as últimas novidades das marcas, coñecer en detalle as características de cada unha e participar en diversas dinámicas pensadas para todos os públicos. Desde degustacións guiadas e pasando por ruletas de premios e regalos directos. O obxectivo é establecer un contacto próximo co público e seguir construíndo unha relación de confianza arredor das marcas.
Presentarase e degustaranse as novidades en produtos lácteos deste ano. Entre elas destaca a chegada ao mercado do leite ÚNICLA A2, unha opción máis dixerible aínda do leite ÚNICLA, xa que agora, o leite ÚNICLA, provén de vacas 100% A2 seleccionadas de maneira natural; ademais da presentación da nova imaxe da marca FEIRACO.
Desde a cooperativa aseguran que “a Semana Verde é unha cita clave, porque nos permite estar preto da xente, dos nosos socios e socias e dos consumidores en xeral e amosar o traballo que facemos, desde o campo ata os produtos que elaboramos, é unha oportunidade para poñer en valor o noso labor e o compromiso co rural”.