CLUN presentou hoxe a súa nova fórmula xunto á conselleira de Medio Rural, María José…

Axudámoste a solicitar as axudas da PAC 2025
O prazo para solicitar a PAC 2025 está aberto ata o 30 DE ABRIL, segundo a normativa vixente. En CLUN, comprometémonos a facilitarche este proceso ofrecendo asesoramento individualizado para a túa explotación.
Servizos que ofrecemos:
- Solicitude Única da PAC: Axudámosche a completar correctamente a túa solicitude, garantindo que cumpres con todos os requisitos necesarios.
- Alegacións ao SIGPAC: Asesorámosche na presentación de alegacións ao Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas, asegurando que a información das túas parcelas sexa precisa.
- Dereitos da Reserva Nacional e cesións de dereitos: Guiámoste na solicitude de dereitos á Reserva Nacional ou na tramitación de cesións de dereitos, para que poidas optimizar as axudas que che corresponden.
Seguimento e control:
Unha vez pechado o prazo de tramitación da PAC, realizaremos seguimentos e controis de monitorización. Se é preciso, presentaremos alegacións á solicitude única da PAC.
Como contactar co noso equipo de asesoramento?
Se precisas asesoramento nesta materia, podes poñerte en contacto cos técnicos da nosa cooperativa chamando a calquera dos seguintes números:
📞659 816 791 (Rosa)
📞670 426 746 (Lidia)
📞650 714 152 (Rubén)
📞670 426 741 (Laura)
En CLUN, estamos comprometidos en ofrecerche o asesoramento que precisas na túa gandería. Estamos aquí para axudarche!🤝