ÚNICLA A2 é un leite de calidade que se obtén de maneira natural e sen…

Catedráticos e científicos avalan os múltiples beneficios do novo leite ÚNICLA A2, unha variedade máis dixestiva e saudable
CLUN presentou hoxe a súa nova fórmula xunto á conselleira de Medio Rural, María José Gómez, o reitor da USC, Antonio López, e catedráticos e científicos do sector da nutrición e saúde, arroupados polo equipo directivo da cooperativa.
O presidente de CLUN, José Ángel Blanco, destacou o persistente labor de investigación como fórmula para ofrecer produtos cada vez máis saudables e adaptados ás necesidades dos consumidores.

A cooperativa rural galega CLUN presentou oficialmente esta mañá ÚNICLA A2, unha nova variedade de leite que mantén todos os beneficios da ÚNICLA de sempre, pero co aliciente de ser de vacas 100% A2, alimentadas de forma completamente natural. Este produto é froito dun longo proceso de investigación e ensaios clínicos que permitiron a catedráticos e científicos avalar que o seu consumo presenta múltiples beneficios para a saúde.
Esta nova variedade permite gozar do sabor e a calidade de sempre cunha fórmula máis dixestiva e saudable. Isto débese a que este leite non contén beta-caseína A1, unha proteína que pode causar problemas na súa dixestión.
O evento de presentación, celebrado na sede de CLUN en Ames, reuniu a autoridades, expertos en nutrición e saúde, e membros da cooperativa, que destacaron, precisamente, o seu impacto na alimentación e o benestar dos consumidores. José Ángel Blanco, presidente de CLUN, foi o encargado de darlle a benvida aos asistentes. Durante a súa intervención destacou o esforzo da cooperativa por ofrecer produtos cada vez máis saudables e adaptados ás necesidades das persoas. Sinalou que este “é un leite para que toda Galicia se sinta orgullosa de sermos capaces, desde aquí, de desenvolver un produto coa súa innovación, calidade e propiedades”.
Pola súa parte, o director xeral de CLUN, Juan Gallástegui, agradeceu a todos os presentes e destacou que “Acadamos un produto único mediante a incorporación do coñecemento na actividade gandeira, e de cuxo valor diferencial se beneficiarán os gandeiros, os consumidores e todos os eslabóns da cadea”.
A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, resaltou o compromiso de ÚNICLA coa calidade do seu leite “síntome inmensamente orgullosa do sector lácteo galego. Estase a facer un gran traballo, moito e moi bo, para ofrecer o mellor produto aos consumidores. E, neste proceso, a investigación é unha parte esencial para medrar e ser máis competitivos no medio rural”.
A quenda de intervención seguiu con personalidades do ámbito académico e científico. Ismael Martínez, veterinario, biólogo e responsable de innovación de CLUN, explicou a estratexia de I+D+i “lo principal fue incorporar a los ganaderos la creación de una calidad diferenciada, que parte de la alimentación de los animales” e, completou, “lo siguiente fue incorporar el conocimiento al desarrollo de nuestra actividad, fundamental para poder desarrollar esta estrategia”.
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, destacou que “é completamente emocionante ver como se busca para os produtos a mellor calidade e que se faga sempre cunha base científica clara”. Asimesmo, fixo fincapé nun proceso que defineu como “único”: “mellórase o produto, a competitividade e apóstase polo noso rural, polo noso campo”.
Pola súa parte, Alberto Cepeda, catedrático da USC no departamento de Nutrición e Bromatología, expuxo os beneficios da proteína A2 na saúde e concluíu resaltando que se trata “de un análisis exhaustivo de todo el proceso, que se inicia en la investigación de la hierba fresca que van a comer las vacas y que acaba dando como fruto la mejor leche del mundo”.
A súa compañeira de departamento, Cristina Fente, fixo referencia aos beneficios deste leite no leite materno “el primer ensayo ya mostró diferencias significativas en el perfil lipídico de la leche materna, destacando el aumento de ácidos grasos; y en los siguientes se demostró también que aumenta la presencia de TVA”. Ao estudar o leite ÚNICLA A2 “hemos comprobado que muchas gestantes que habían tenido que dejar la leche han vuelto a tomarla y los bebés presentan menos problemas digestivos”.
Seguiuna Almudena Hospido, catedrática no departamento de Inxeñería Química da USC, quen analizou os avances na redución do impacto na natureza “ÚNICLA, además de sentarnos bien a nosotros, sienta bien al medio ambiente”.
Paula Fajado, doctora en Bioloxía e responsable adxunta da Liña de Biotecnoloxía e Saude da Área de I+D+i de ANFACO analizou os efectos no benestar animal “la dieta que reciben las vacas ÚNICLA y las intervenciones realizadas reducen la necesidad de tratamientos farmatológicos y mejoran el bienestar y salud general del animal”.
Sofía Corbeiro, estudante de bacharelato internacional del IES Rosalía de Castro falou sobre os beneficios para a saúde deste novo leite e a redución das emisións de metano por litro de leite producido.
Innovación e calidade

O desenvolvemento de ÚNICLA A2 é o resultado dun rigoroso proceso de investigación para mellorar o perfil nutricional do leite de maneira natural, xa que para obter este leite 100% A2 selecciónanse vacas cunha dotación xenética A2A2, que son alimentadas de forma natural, sen engadidos, con forraxes producidos nas propias granxas.
Realizáronse ensaios clínicos e diversas investigacións que asocian o seu consumo con beneficios para a saúde, avalando que a súa composición natural fai que sexa máis saudable e dixestiva. Ademais, demostrouse que o seu consumo pode contribuír á redución do risco cardiovascular e cerebrovascular, á mellora do metabolismo lipídico con redución do colesterol e triglicéridos, á redución da inflamación, o apoio ao mantemento das facultades mentais e cognitivas, a mellora da función tiroidea e a mellora da calidade de leite materna en nais lactantes.
Con este lanzamento, CLUN reforza o seu compromiso coa innovación, a sustentabilidade e o benestar animal, ao tempo que mantén a súa aposta por ofrecer un leite de máxima calidade e que achegue múltiples beneficios á saúde.