CLUN presentou hoxe a súa nova fórmula xunto á conselleira de Medio Rural, María José…

ÚNICLA suma as calidades dixestivas A2 á súa máxima calidade de sempre
- ÚNICLA A2 é un leite de calidade que se obtén de maneira natural e sen aditivos: de vacas 100% A2
- Esta nova variedade de leite mantén todos os beneficios do leite ÚNICLA de sempre, engadindo o diferencial de ser A2, un leite máis dixestivo
O leite que mellor senta. Así se resume o novo leite que ÚNICLA, marca integrada na cooperativa rural galega CLUN, lanza ao mercado: ÚNICLA A2. Un leite que mantén todos os beneficios de ÚNICLA e a maiores, engade un máis: ser leite de vacas 100% A2.



“Conseguimos mellorar un leite que xa era de altísima calidade”, explica o director de CLUN, Juan Gallástegui, xa que “mantén os mesmos beneficios de sempre: un leite galego, natural e sen aditivos, con catro veces máis OMEGA 3 e CLA, menos graxas saturadas, fonte natural de selenio e de calcio… aos que agora se engade a proteína A2, que o fai naturalmente, máis dixestivo e co mesmo sabor de sempre”.
Unha aposta pola innovación e a calidade
O desenvolvemento de ÚNICLA A2 é o resultado dun rigoroso proceso de investigación orientado a mellorar, de forma natural, o perfil nutricional do leite. Unha labor que comeza coa selección das vacas que, de forma natural, producen leite con proteína A2, pasando pola realización de ensaios clínicos que asocian o consumo de ÚNICLA A2 con beneficios para a saúde como:
- Mellor dixestión. Sentarache ben o leite e o resto dos alimentos.
- Redución do risco cardiovascular e cerebro vascular.
- Mellora o metabolismo lipídico con redución do colesterol e triglicéridos.
- Redución da inflamación silenciosa e dos procesos inflamatorios crónicos.
- Apoio ao mantemento das facultades mentais e cognitivas.
- Mellora da función tiroidea.
- Mellora da calidade do leite materno en nais lactantes.
Con estas propiedades, ÚNICLA A2 destaca como unha opción de calidade superior para todos os consumidores, especialmente para aqueles que experimentan molestias coa dixestión do leite e que, ata agora, optaban por alternativas vexetais ou sin lactosa.
Compromiso co benestar e a alimentación saudable
Co lanzamento de ÚNICLA A2, CLUN reafirma o seu compromiso coa produción dun leite de máxima calidade, combinando innovación, sustentabilidade e benestar animal.
ÚNICLA A2 procede de vacas 100% A2 seleccionadas de forma natural. Alimentadas con forraxes producidos nas propias granxas e con racións ricas en Omega 3 e Selenio que mellora a contribución do leite á saúde dos consumidores e reducen as emisión de metano nun 20%.
En definitiva, ÚNICLA A2 é un leite de máxima calidade, pola súa contribución á saúde e non só ao valor nutritivo.
ÚNICLA A2: o leite que mellor senta, coa calidade de sempre.