CLUN aposta polo futuro da gandería a través de “Habita Rural”, formando a migrantes de cinco países
Dende 2023 CLUN traballa coa ONG Ecos do Sur na formación de migrantes en ganderías…
A dirección de Feiraco Lácteos e os representantes renovaron o convenio colectivo da empresa por un período de tres anos, o que asegura a súa vixencia ata decembro do 2026. O acordo, que beneficia a unha centena de traballadores foi firmado de xeito unánime polos sindicatos con representación na empresa: a CIG (Confederación Sindical Galega) e a UGT (Unión Xeral de Traballadores).
Este convenio é un reflexo dos principios cooperativos de Feiraco Lácteos, onde a colaboración, o compromiso mutuo e a cohesión son esenciais para o bo funcionamento desta empresa, que forma parte da Cooperativa CLUN. O acordo subraia o compromiso coa igualdade, a conciliación, a seguridade e a flexibilidade, proporcionando un marco de estabilidade que recoñece o esforzo colectivo e o traballo en equipo. O acordo acadouse grazas á confianza mutua, co compromiso de adaptarse ás tendencias laborais actuais e coa visión de seguir crecendo xuntos como parte da cooperativa CLUN.
Juan Gallástegui, director xeral de CLUN, señalou “este convenio reflexa o espírito cooperativo que caracteriza a Feiraco Lácteos e a toda a cooperativa CLUN, onde a colaboración e o esforzo conxunto entre todos os que a forman son esenciais para o desenvolvemento e a profesionalización iniciada en 2021”. Así mesmo “é un paso máis no noso compromiso coa innovación, a dixitalización e a mellora da produtividade, sempre co enfoque de fortalecer a cohesión e o benestar de todos os que formamos parte deste proxecto colectivo que busca poñer en valor o rural galego”.