Skip to content
club-xovenes-gandeiros-entrega-recoñecemento-conselleria

A conselleira de Medio Rural felicita ao equipo de xóvenes gandeiros gañadores do concurso internacional de manexo

Acompañamos ao equipo de Xóvenes Gandeiros, do cal somos patrocinadores oficiais, ao Pazo de Quián, onde a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, os recibiu para felicitalos polos logros acadados no concurso internacional de manexadores celebrado do 28 de agosto ao 1 de setembro en Bélxica.

club-xovenes-gandeiros-entrega-recoñecemento-conselleria 1

O equipo integrado por Simón Blanco, da Gandería Queirugueira, de Val do Dubra; María e Andrea Otero, da Gandería Fontixón, de Castro de Rei; Lorena Iglesia, de SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza; Alba López, da Gandería Quintián, de O Páramo, e Xabier Montes, de Casa do Rei, en Rodeiro, impúxose aos outros 28 participantes na competición, que reuniu a 180 xóvenes gandeiros procedentes de todo o mundo.

club-xovenes-gandeiros-entrega-recoñecemento-conselleria2

Para a cooperativa CLUN é un orgullo apoiar iniciativas coma esta, pois é todo un orgullo colaborar co Club de Xóvenes gandeiros e seguir traballando en conxunto para asegurar o relevo xeracional e unha gandería con futuro.

 

#GanderíaConFuturo