CLUN aposta polo futuro da gandería a través de “Habita Rural”, formando a migrantes de cinco países
Dende 2023 CLUN traballa coa ONG Ecos do Sur na formación de migrantes en ganderías…
Recibimos nas nosas instalacións de CLUN en Ribadeo a visita do ministro de Presidencia, Xustiza e Relacións coas cortes, Félix Bolaños acompañado por José Tomé Roca, Presidente da Diputación de Lugo e de Mayra García. Un encontro no que visitamos a nosa fábrica de pensos de Ribadeo, que é unha das catro fábricas adicadas á alimentación animal coas que contamos na cooperativa.
Durante a visita puideron coñecer as innovacións previstas para este ano da man do presidente da cooperativa, José Ángel Blanco Purriños e do noso director xeral, Juan Gallástegui. Entre estas innovacións, o ministro Felix Bolaños, José Tomé Roca e Mayra García puideron degustar a próxima novidade: un iogur grego con stracciatella que Clesa sacará ao mercado en formato grande e que estará dispoñible moi pronto en todos os supermercados.
A visita completouse cun percorrido pola tenda da cooperativa na que rematamos a xornada.