CLUN aposta polo futuro da gandería a través de “Habita Rural”, formando a migrantes de cinco países
Dende 2023 CLUN traballa coa ONG Ecos do Sur na formación de migrantes en ganderías…
A nosa cooperativa está a impulsar a formación profesional sobre o leite nos centros de FP de Hostalaría de Galicia a través de ÚNICLA. O propósito é ampliar o coñecemento, poñer en valor e mellorar o manexo dun dos ingredientes máis importantes do sector hostaleiro: o leite, pois o 85% das bebidas de café servidas en hostalería levan leite. O prestixioso barista Óscar de Toro colabora desde hai varios anos coa compañía, ensinando a través da súa experiencia o manexo do leite en cafetería e a importancia de escoller un bo leite, posto que -tal como el mesmo salienta- “o café é o produto que máis fideliza nunha cafetería”.
No marco desta iniciativa, estes días estanse a desenvolver varios cursos no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, no CIFP Compostela de Santiago e no CIFP Fraga do Eume de Pontedeume. Óscar de Toro, propietario do Café Venecia en Santiago de Compostela, é un profesional hostaleiro recoñecido, premiado como barista e tamén pola tiraxe de cervexa en diferentes competicións galegas, nacionais e mesmo internacionais. Ao longo destas formacións destácase a importancia da composición natural do leite á hora de cremar. Nesta liña, apunta que “Únicla ten un elevado contido en selenio, que, ademais de ser antioxidante, axuda a que o leite aguante moito máis a temperatura e, polo tanto, favorece o proceso de cremación. En hostalaría “agredimos” o leite con calor e vapor de auga e, fronte ao que é habitual, con este leite as micelas de graxa non rompen ao estar a alta temperatura. Aínda alcanzando os 70 graos, mantense doce, non se volve aceda, algo que non sucede con outros leites”.
Únicla ten tres veces máis ácido linoleico conxugado que un leite normal. Ademais, é fonte natural de Omega 3 e de selenio, o que o converte nun produto con importantes beneficios cardiovasculares, promovendo, así mesmo, o colesterol bo fronte ao malo e axudando a regular a graxa corporal. Todo estes compoñentes están neste leite de xeito natural, sen ningún engadido. Adquire estas propiedades grazas á alimentación das vacas da Cooperativa, pensada para obter o leite co mellor perfil de ácidos graxos do mercado.
Os pastos da nosa cooperativa están controlados polo noso equipo de agrónomos e nutrólogos especializados que recuperaron un tipo de forraxe que proporciona unha maior calidade nutricional ao produto. Os pensos elabóranse nas propias fábricas de Feiraco e compleméntanse con sementes de liño, que melloran o perfil de ácidos graxos do leite.
A través desta proposta, o alumnado coñece a calidade e o valor do leite galego, en especial de Únicla, que é un produto Premium. Debemos darlle valor ao leite galego, e tamén ao feito de que proceda dunha cooperativa. Os futuros profesionais deben saber que escoller un leite galego para o seu establecemento é bo para a calidade do seu produto, para a visibilidade do sector leiteiro galego, e tamén para o noso rural. Escoller produtos galegos e de cooperativa, significa non ter intermediarios e escoller un mellor presente e futuro para a nosa terra. Nesta liña, un dos compromisos da Cooperativa Clun é promover que se consuman produtos galegos en sectores tan relevantes como o hostaleiro, tendo en conta, ademáis, que no caso do leite Galicia é pioneira.