Skip to content

Pepe Montes, homenaxeado no Día das Cooperativas

Ninguén dubida que Pepe Montes, socio fundador de Feiraco e antigo presidente da cooperativa merecía unha gran homenaxe. E iso foi o que pasou o 1 de xullo, día Internacional das Cooperativas e Día Galego do Cooperativismo.

Cada ano, polo Día Galego do Cooperativismo celébrase un evento no que se destaca o papel das cooperativas galegas para poder conseguir unha economía máis igualitaria e equitativa e no que tamén se resaltan os valores cooperativos.

pepe-montes-dia-das-cooperativas

Como non podía ser doutra forma. Pepe Montes foi un dos protagonistas homenaxeados neste día tan importante para as cooperativas. Destacouse neste evento a historia e o traballo de Pepe no mundo cooperativo, unha historia que comezou en Feiraco no ano 1969.

Durante a homenaxe, tamén se proxectou un vídeo de recoñecemento a Pepe Montes, no que colaboraron, entre outras persoas, José Ángel Blanco (presidente de CLUN), Carmen Rodríguez (vicepresidenta de CLUN) e Higinio Mougán (director-xerente de AGACA).

Foron Carmen Rodríguez e Ana Olveira as persoas encargadas de entregar este especial recoñecemento a Pepe Montes, unha persoa clave na historia das cooperativas galegas, na economía social e na igualdade laboral. 

Dende CLUN, felicitamos por este merecido recoñecemento a Pepe, que sempre será parte da historia da cooperativa.