CLUN aposta polo futuro da gandería a través de “Habita Rural”, formando a migrantes de cinco países
Dende 2023 CLUN traballa coa ONG Ecos do Sur na formación de migrantes en ganderías…
O pasado xoves estreouse na gran pantalla Indiana Jones e o dial do destino marcando o peche dunha das sagas de aventura máis coñecidas do cine.
A lata de leite condensado de CLESA, recoñecida e querida por moitos é un dos alimentos que Renaldo, interpretado polo actor español Antonio Banderas, leva no barco camiño a Grecia.
Cara a metade da película, Helena (Phoebe Waller-Bridge) curiosea na cociña do navío do actor español. É nese momento cando aparece o bote metálico do leite condensado de CLESA:
Hai máis de 60 ano, tempo no que transcorre a historia de Indiana Jones, a variedade de lácteos era máis limitada polo que os produtos en conserva, (os cales non necesitan frío para conservase en bo estado) abundan nos fogares españois e parece que tamén nos barcos ?
Por aquel entón, Centrales Lecheras Españolas S.L, CLESA, tiña presenza en seis fábricas ao longo do territorio español. Dende entón, levamos elaborando sans e deliciosos alimentos para toda a familia.
Tanto era a presenza da marca CLESA na época que deixou unha pegada nunhas das películas de aventuras máis coñecidas da historia do cine.