Skip to content

Únete ao movemento Falarei!

O día das Letras Galegas é sempre unha data especial para nós.

Esta ano poñemos en marcha unha divertida iniciativa da que necesitamos que sexas partícipe: o movemento Falarei!

 

Quen nos inspirou a iniciar este movemento? Francisco Fernández del Riego o autor protagonista este ano no día das Letras Galegas.

 

movemento falarei francisco fernández del riego
Fotografía: Editorial Galaxia

 

“Soño unha Galicia ideal que no meu tempo non se realizou, pero que pode realizarse no futuro” – Francisco Fernández del Riego (1913-2010)

 

Del Riego tiña un soño claro para o galego no futuro e nós queremos facelo realidade.

A segunda protagonista nesta historia pódela comezar a coñecer nas nosas caixas: a vaca do futuro.

movemento falarei feiraco

 

Así é, unha vaca chega do futuro cunha misión para todos nós: Falarei! pero isto só é o comezo, pois esta vaca ten moito máis que contarnos. O día 2 de maio poderemos coñecer a historia completa da vaca do futuro. 

Comeza a conta atrás!

 

Mentres, podes pedir as túas lentes de sol de balde a través de falarei.gal e dos códigos QR que atoparás nas nosas novas caixas de leite e unirte ao movemento Falarei! para axudarnos a conseguir un futuro cheo de galegofalantes.

Queremos ver o teu compromiso coa nosa lingua, para iso, precisamos que te unas o movemento Falarei! seguindo estes pasos:

  1. Colle as túas lentes de sol.
  2. Se non as tes, usa o noso filtro de Instagram.
  3. Sube un vídeo dicindo ‘Falarei!’
  4. Listo! Salvamos o futuro do galego!

Para máis información visita falarei.gal

E non te esquezas de seguirnos nas nosas redes sociais para estar ao tanto de todo o que a vaca do futuro vai a contarnos.  (Lembra: o día 2 de maio desvelamos a historia completa!)