O prazo para solicitar a PAC 2025 está aberto ata o 30 DE ABRIL, segundo a normativa vixente. En CLUN, comprometémonos a facilitarche este proceso ofrecendo asesoramento individualizado para a túa explotación.
Participa e gaña 300€ en sementes de millo!
Este ano celébrase a 39ª Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) no recinto feiral Manuel Vila. Desde o 31 de marzo ata o domingo 2 de abril CLUN estará a participar na feira agrogandeira máis importante da provincia de Lugo.
Poderás visitarnos na nosa caseta o venres a partir das 19:00 e o sábado e domingo de 10:00 a 20:00.
Pásate e participa no noso sorteo de 300€ en sementes de millo que celebraremos durante os días de feira.
COMO PODO FACER PARA PARTICIPAR NO SORTEO?
- Cubre o formulario cos teus datos.
- Introduce a papeleta na caixa verde.
- ¡Moita sorte! O domingo día 2 de abril ás 13:00h faremos o sorteo no stand de CLUN en MOEXMU.
- O gañador debe contestar á chamada ou mensaxe ese mesmo día antes das 16.00h senón escollerase outra papeleta para que o sorteo quede resolto o domingo 2 de abril antes das 19.00h
ATA CANDO PODO PARTICIPAR?
Pódese participar durante os 3 días da feira MOEXMU (Muimenta) 2023 ata o domingo 2 de abril ás 13.00h.
COMO E CANDO SE FAI O SORTEO?
– Gaña a primeira papeleta que saia ao azar.
– O sorteo celebrarase o domingo 2 de abril de 2023.
– O gañador ou gañadora deberá contestar o teléfono ou mensaxe o mesmo día antes das 16:00h, senón, escollerase outra papeleta para que o sorteo quede resolto.
– O equipo de CLUN fará chegar o premio o gañador/a.
Esperámosche!