CLUN aposta polo futuro da gandería a través de “Habita Rural”, formando a migrantes de cinco países
Dende 2023 CLUN traballa coa ONG Ecos do Sur na formación de migrantes en ganderías…
Desde CLUN queremos celebrar o noso compromiso e amor polo rural dunha maneira muuuui especial, así que xuntamos algunhas amigas para dedicarvos un día cheo de AMOR.
Amor de vaca, amor polo rural, amor pola nosa terra, en definitiva, amor, amor e máis amor.
QUEREMOS COMPARTILO CONTIGO!
Sorteando un lote dos produtos estrela das marcas da nosa Cooperativa: FEIRACO, *ÚNICLA e CLESA para que prepares un almorzo DE-LI-CIO-SO ?
1.Comparte o noso post especial de San Vacalentín nos teus stories de Instagram ou Facebook mencionando a @cooperativaclun e @feiracolacteos.
2.Dálle renda solta á túa imaxinación e ponlle un título a esta imaxe nos comentarios do post.
Desde o xoves 9 de febreiro ata o martes 13 de febreiro ás 15:00, ambos os días incluídos.
O sorteo realizarase o día 14 de febreiro cunha plataforma experta en realizar este tipo de mecánicas. Tamén conta cunha certificación para os premiados.
O anuncio cos nomes gañadores publicarase no perfil oficial de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) SCG en Instagram (https://www.instagram.com/cooperativaclun/) e no de Facebook (https://www.facebook.com/cooperativa). Os gañadores terán un prazo de 3 días laborais para aceptar o seu premio e enviar a CLUN por mensaxe privada no perfil de Instagram ou o de Facebook os seus datos completos: nome, apelidos, DNI, dirección completa onde desexe recibir o premio.
Se transcorrido este prazo o/a gañador/a non reclamou o premio, darase paso ao suplente.
O premio que sorteamos no noso Instagram é un lote de produtos estrela das nosas marcas que contén os seguintes produtos:
2 l Leite FEIRACO
1 vde. Manteiga *ÚNICLA
2 uds. Queixo *ÚNICLA
1 pack de cada de Iogures CLESA Bienatur e Crema Bombón
???✨FELIZ SAN VACA-LENTÍN! ?☕ ???
Dade renda solta á túa creatividade ?☕ ???
Para estar o tanto de toooodas as cousas que discorremos, segue as nosas marcas! @cooperativaclun @feiracolacteos @lecheunicla e @clesaoficial
Xa temos gañador! Consulta aquí se es ti!