O prazo para solicitar a PAC 2025 está aberto ata o 30 DE ABRIL, segundo a normativa vixente. En CLUN, comprometémonos a facilitarche este proceso ofrecendo asesoramento individualizado para a túa explotación.
Personaxes de gandeiros CLUN nas cabalgatas de 6 concellos galegos para reinvidicar o rural
O día de Reis un gandeiro de Clun infiltrouse nas Cabalgatas de 6 Concellos onde a Cooperativa ten as sedes principais. As carrozas de Santiago de Compostela, Ames, Caldas, Melide e Ribadeo contaron cunha persoaxe vestida co uniforme da Cooperativa en representación a tódolos gandeiros e gandeiras do rural galego e os 3.500 socios que forman parte de Clun.
Durante a tarde do día 5, estas personaxes de gandeiros e gandeiras, acompañaron os Reis Magos durante a Cabalgata repartindo lambetadas ós cativos e maiores que acudiron a ver as súas Maxestades. Ademáis, mentres os pequenos agardaban por entregalas súas cartas, os gandeiros infiltrados tamén regalaron globos da Cooperativa e batidos de FEIRACO.
Así foi como escollemos reivindicar o mundo rural e gandeiro no día de Reis.