CLUN aposta polo futuro da gandería a través de “Habita Rural”, formando a migrantes de cinco países
Dende 2023 CLUN traballa coa ONG Ecos do Sur na formación de migrantes en ganderías…
Máis de seiscentos traballadores destas organizacións están recibindo este agasallo como agradecemento ao seu esforzo durante todo o ano. Sentíndonos orgullosos do noso bo facer!
As outras cooperativas que se suman a esta proposta son a vitivinícola Viña Costeira; Milhulloa, dedicada ao cultivo ecolóxico de plantas medicinais; Embruxo, que produce aceite de oliva; a apícola Erica Mel; Tres Fuciños, produtores de porco celta; Amarelante, dedicada ao cultivo ecolóxico e sostible de castañas; Ribeiregas, cuxa actividade se centra na produción de alimentos ecolóxicos; e Terras da Mariña, especializados no cultivo e comercialización de fabas. Ademais, cóntase coa participación da correduría de seguros agraria Ucoga.
A presenza dos nosos produtos nesta cesta está centrada no noso leite solidario de FEIRACO coa figura do Apalpador, unha edición especial a través da cal contribuímos á reforestación dos montes queimados este verán na zona de Folgoso do Courel. Tamén incluímos o noso leite premium, leite ÚNICLA, con altos valores nutricionais derivados da alimentación natural das vacas dos nosos socios cooperativistas.
A través desta iniciativa queremos apostar polo valor dos produtos da terra, galegos e de cooperativas. Por en valor a calidade dos nosos produtos e tamén o esforzo que levan a cabo os socios de cada unha das cooperativas galegas.