CLUN aposta polo futuro da gandería a través de “Habita Rural”, formando a migrantes de cinco países
Dende 2023 CLUN traballa coa ONG Ecos do Sur na formación de migrantes en ganderías…
Ames, 13 de setembro de 2021. Non é casualidade que Ana Peleteiro sexa imaxe dos productos prémium ÚNICLA. A naturalidade, simpatía e proximidade desta galega coñecida internacionalmente, son máis que evidentes. Así se demostrou hoxe, unha vez máis, durante a visita da deportista á sede de CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) en Ames, onde foi recibida por autoridades da cooperativa e mantivo unha charla informal con algúns cooperativistas e as súas familias, así como con xoves do Clube de Atletismo da localidade.
“Nos sentimos plenamente identificados contigo, co que fas e co que representas”, afirmou José Ángel Blanco, presidente da cooperativa, durante as súas palabras de benvida á atleta de elite.
O traballo en equipo, a capacidade de sacrificio e constancia, a promoción de hábitos de vida saudable e o compromiso coa igualdade de xénero, son algúns dos valores que caracterizan a Ana Peleteiro e que José Ángel Blanco destacou como motivos polos que a identificación entre a deportista e a cooperativa CLUN, e os productos prémium ÚNICLA, é tan profunda.
“Exerces de galega en todas partes e nós levamos ese selo en todos os nosos produtos, que son dos gandeiros galegos, que elaboramos en Galicia e cuxos ingresos van en beneficio do rural galego”, comentou Blanco en apelación directa á atleta, engadindo que “Ti es Galicia Calidade, e como ÚNICLA, ti es ‘Galicia Prémium’”.
Pola súa banda a deportista acudiu ao acto acompañada da medalla de bronce obtida nos recentes Xogos Olímpicos de Tokio na final de triplo salto, onde a súa marca de 14,87 metros supúxolle tamén bater o récord de España. “Aínda que, por suposto, esta medalla que hoxe nos traes é froito do teu esforzo e da túa capacidade, toda Galicia celebrámola e setímola como propia”, asegurou José Ángel Blanco.
Tras as palabras iniciais do presidente de CLUN, Ana Peleteiro, agradeceu a homenaxe, destacando que “esta medalla é froito de moitísimo traballo”, afirmando que leva detrás o apoio de todas as persoas que a apoiaron, entre as que incluíu ao equipo de ÚNICLA, porque o 2020 foi “un ano difícil”. “Oxalá dentro de tres anos esteamos aquí, outra vez, celebrando outra medalla”, comentou.
Nun ton animado e distendido, a deportista tivo a oportunidade de compartir una pequena charla coas persoas asistentes, que lle preguntaron sobre a súa experiencia como atleta e sobre a súa participación en Tokio. En referencia á importancia dos hábitos de vida saudable, Ana Peleteiro explicou aos presentes que os produtos ÚNICLA forman parte da súa rutina de alimentación diaria. “Os produtos de ÚNICLA acompáñanme no día a día”, afirmou.
Tamén houbo espazo para a práctica deportiva, cando algunas persoas voluntarias, guiadas por Ana Peleteiro, realizaron un exercicio de salto. Tomando como referencia unha pista formada por dúas fileiras de bricks de leite ÚNICLA de 14,87 metros de lonxitude (198 bricks en total), a semellanza da marca lograda pola atleta en Tokio, os voluntarios, catro novos, dous atletas femininas e dous masculinos do Clube de Atletismo de Ames, trataron de realizar o seu mellor salto. Desta maneira, os asistentes puideron comprobar in situ o alcance do logro obtido pola deportista nos Xogos Olímpicos.
“Estar hoxe con Ana, pareceume unha experiencia única. Nunca me esperei coñecer á terceira medallista galega, en triplo salto. Para min é unha experiencia que nunca vou esquecer, comentou Luís García, de 18 anos, un dos mozos voluntarios que realizou un dos saltos. Pola súa banda una das mozas, Lara Liste, de 13 anos, declarou estar “moi nerviosa” porque sentía moita “presión” por saltar fronte a unha profesional que ademais é campiona olímpica. “Foi impresionante, sigo sentindo a adrenalina agora”, engadiu.
Finalmente, a deportista procedeu coa firma de autógrafos, que foi realizada utilizando como soporte os bricks de ÚNICLA que compoñían a pista de salto. Desta maneira, cada persoa, brick en man, achegouse á medallista para levar un recordo, xa fose un autógrafo ou unha foto, deste día tan “ prémium”.
Ana Peleteiro
Ana Peleteiro (Ribeira, 1995) é plusmarquista nacional na modalidade de triplo salto en todas as categorías de idade desde sub-18. Asi mesmo, é a actual subcampiona de Europa en pista cuberta da súa especialidade, tras lograr en 2019 a medalla de ouro, e medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Tokio.
Foi elixida mellor atleta española junior entre 2011, 2012 e 2013 pola Real Federación Española de Atletismo e foi distinguida co Premio Princesa de Asturias dos Deportes, como mellor deportista nova, no ano 2013, e coa Medalla Castelao no 2020.
ÚNICLA
ÚNICLA é a marca prémium da cooperativa láctea CLUN. Os produtos ÚNICLA caracterizarse por estar elaborados cun leite único, pola súa orixe 100% galega e a súa calidade 100% natural. O extraordinario sabor deste leite foi recoñecido co Superior Taste Award, e as súas calidades nutricionais, con presenza de Omega 3, CLA e antioxidantes como o selenio, están determinadas pola alimentación natural e o coidado que reciben as vacas.
Tamén, o leite ÚNICLA é desde este ano o primeiro leite enteiro con cero emisións de CO2, un fito que se traslada aos consumidores a través dos seus envases incorporando o selo ÚNICLA Cero Emisións e a mención á compensación do 100% das mesmas restaurando bosques queimados de Galicia.
CLUN
Principal cooperativa agrogandeira de Galicia, CLUN ten máis de 3.000 asociados e está presente en máis de 80 concellos. Conta con catro sedes, en Ames, Caldas de Reis, Melide e A Mariña, que proporcionan emprego directo a máis de 400 traballadores. Os seus produtos lácteos son comercializados baixo as marcas Feiraco, leite Premium ÚNICLA e iogures e sobremesas lácteos Clesa.