Skip to content

Cattle Care

Cattle Care: Modernización das explotacións gandeiras mediante o control da actividade animal e os recursos alimenticios

Obxectivo: Modernización das explotacións gandeiras galegas mediante o desenvolvemento de ferramentas que permitan mellorar a súa xestión a varios niveis:

  1. Monitorización das vacas para dispoñer de datos sobre pautas de alimentación e comportamento. A análise destes datos permitirá a extracción de patróns de actividade e a consecuente detección temperá de alteracións que afecten á eficiencia produtiva e a aparición de enfermidades.
  2. Mellorar a xestión dos recursos alimenticios nas explotacións, mediante a automatización do control de stocks e a loxística de alimentos adquiridos fóra da explotación.

O desenvolvemento deste proxecto está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación e cofinanciado nun 80% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (OT 1. “Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”).

Data de inicio: 10/02/2016

Data de fin: 30/11/2018

Axuda concedida: 51.338,07€