CLUN aposta polo futuro da gandería a través de “Habita Rural”, formando a migrantes de cinco países
Dende 2023 CLUN traballa coa ONG Ecos do Sur na formación de migrantes en ganderías…
Técnicos de AGACA impartiron unha xornada de formación sobre cooperativismo no eido agroalimentario para 52 de estudantes de primeiro, segundo e terceiro de secundaria da Escola Familiar Agraria Fonteboa. A xornada tivo o obxectivo de explicar as características e oportunidades de desenvolvemento laboral e económico do modelo cooperativo de negocio, de xeito os estudantes poidan consideralo como unha opción de futuro profesional no momento de rematar os seus estudos.
Despois da formación teórica, percorreron as instalacións da cooperativa láctea Feiraco (Ames), onde viron paso a paso os pormenores da elaboración dos produtos lácteos, así como o funcionamento dunha sociedade cooperativa.
AGACA e a Fundación Feiraco, que dende o 2012 funciona como un dos “Centros Rede Eusumo” para a dinamización do emprendemento cooperativo, participan así, unha vez máis, nun dos proxectos da Rede Eusumo, impulsada pola Consellería Economía, Emprego e Industria dende o ano 2011.
Asesoramento, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal son outras áreas de actividade que definen a rede de colaboración Eusumo.