CLUN aposta polo futuro da gandería a través de “Habita Rural”, formando a migrantes de cinco países
Dende 2023 CLUN traballa coa ONG Ecos do Sur na formación de migrantes en ganderías…
• Celebra por sexto ano consecutivo esta festividade mediante unha nova promoción na que se sortearán centos de ‘Vacamisetas’ e vestiranse os seus packs de leite con este divertido estampado
• Para participar, os consumidores terán que adquirir unha caixa de calquera variedade de leite Feiraco e enviar unha fotografía do ticket de compra á App do sorteo aloxada na páxina de Facebook/FeiracoLacteos
• A promoción, que comezou o pasado día 6, finalizará o 28 de febreiro, martes de Entroido, e desenvolverase nos puntos de venda en Galicia e nas canles online da marca
Por sexto ano consecutivo, Feiraco celebra cos consumidores unha das festas máis tradicionais de Galicia, o Entroido. Con tal motivo, a marca galega activou unha divertida promoción que estará presente nas principais cadeas de distribución de Galicia con tres modelos de caixas de leite que lucirán un deseño especial como homenaxe ao característico estampado que locen as vacas.
Nesta ocasión, sortearanse centos de ‘Vacamisetas’ con este ‘print’ exclusivo, dispoñibles en tres cores (verde, azul e vermello) que os consumidores poderán conseguir só por comprar unha caixa de seis litros de calquera variedade de leite clásico de Feiraco e enviar unha fotografía do ticket de compra á App do sorteo, situada na páxina oficial de Facebook para entrar no sorteo.
Esta campaña 2017 terá unha duración de tres semanas e finalizará o 28 de febreiro, martes de Entroido, cando conclúa a recepción de participacións e se proceda ao sorteo dos premios. A campaña completarase con materiais de imaxe decorados cos motivos do Entroido Feiraco nos puntos de venda e difundirase a través das redes sociais nas que a marca está presente, Facebook, Instagram, etc.
Feiraco, un ano máis, disfrázase polo Entroido identificándose coas tradicións galegas máis arraigadas e axudándoas a promocionar entre os seus consumidores como parte da súa filosofía, sustentada na galeguidade, cooperativismo, naturalidade, calidade e o respecto ao medio ambiente e á contorna.