CLUN aposta polo futuro da gandería a través de “Habita Rural”, formando a migrantes de cinco países
Dende 2023 CLUN traballa coa ONG Ecos do Sur na formación de migrantes en ganderías…
Feiraco e Clesa implícanse na loita contra a violencia de xénero con motivo do Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se celebra hoxe, 25 de novembro. Por tal motivo, os traballadores das cooperativas de Ponche Maceira e Caldas de Reis vestirán camisetas negras durante toda a xornada co lema “Contra a violencia”, unha iniciativa impulsada en numerosos Concellos galegos: A Coruña, Allariz, Ames, Cangas, Carballo, Santiago, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Sarria, Teo, Tui, Vilalba y Zas. #Galiciaennegro.
O lema “Contra a violencia” decora estas pezas coas que Feiraco e Clesa pretenden crear conciencia da secuela social que é a violencia contra as mulleres, a través desta iniciativa, que terá eco nas redes sociais das cooperativas lácteas, e que conta coa implicación de institucións, asociacións e establecementos, que se visten de loito en sinal de duelo por todas as mulleres que sofren violencia e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.
Un ano máis, con esta acción simbólica, Feiraco e Clesa pretenden dar fe do seu compromiso coas persoas que sofren esta secuela e con todas as que se esforzan para poñerlle freo, impulsando iniciativas de sensibilización para a prevención.
Esta campaña de sensibilización contra a violencia de xénero forma parte das medidas sociais baseadas no respecto e o compromiso impulsadas polas cooperativas, que abarcan aspectos tan importantes como o apoio profesional e familiar e a estabilidade e calidade no traballo, con medidas de apoio á conciliación.
Ademais, desde 2009 Feiraco conta cun Plan de Igualdade recoñecido polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade pola súa aplicación de medidas que garanten a paridade de oportunidades entre ambos os sexos.
O 25 de novembro foi declarado pola ONU en 1999 Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando desde entón a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.