CLUN aposta polo futuro da gandería a través de “Habita Rural”, formando a migrantes de cinco países
Dende 2023 CLUN traballa coa ONG Ecos do Sur na formación de migrantes en ganderías…
Coincidindo co Día Internacional da Saúde 2015, que se celebrou o 7 de abril, en todo o mundo, centrado na inocuidade alimentaria, a cooperativa quixo concienciar sobre a importancia clave dos lácteos e derivados nunha alimentación sá e equilibrada.
Feiraco basea todo o seu traballo desde hai preto de medio século na CALIDADE e na INNOVACIÓN. Un rigoroso método de traballo que garantiza a trazabilidade de toda a cadea de valor e a inocuidade dos produtos, unida á investigación de vangarda que se dirixe desde a cooperativa, converten a Feiraco en referente empresarial en seguridade alimentaria.
Leite, alimento esencial
O leite e os seus derivados forman parte indispensable dunha dieta sá e equilibrada e aportan múltiples beneficios para a nosa saúde. Son un dos grupos de alimentos máis completos porque incorporan un gran número de nutrintes necesarios para que o organismo poida levar a cabo todas as súas funcións vitais.
Entre os tipos de graxas que ten o leite, destacan os ácidos graxos poliinsaturados omega 3, omega 6 e o ácido linoleico conxugado (CLA), presentes na nosa gama UNICLA, que interveñen en diversas funcións do noso organismo e deben ser incorporados a través da dieta.
As bondades do Iogur
O leite fermentado máis coñecido é o Iogur, un tipo de alimento lácteo que aporta múltiples bondades para a nosa saúde. Ademais de ser máis dixerible e, polo tanto, máis aproveitable para o noso organismo, favorece que se absorban outros minerais como o ferro, o cobre ou o zinc; e ten menos lactosa que o leite sen fermentar. Existe tamén evidencia científica dos seus beneficios sobre o aparato dixestivo e respiratorio superior.
Inocuidade probada e certificada
O esforzo por ofrecer a máxima garantía de calidade de principio a fin está detrás do modelo de organización de Feiraco, que lle permite controlar e optimizar todas as fases do proceso produtivo, desde a orixe ao consumidor; desde a granxa á mesa. Para isto, conta tamén cun sistema integrado de calidade e inocuidade dos alimentos, baseado nas certificacións ISO 9001 e ISO 22000. O leite de Feiraco procede unicamente das granxas dos seus socios, todos localizados en Galicia.