CLUN aposta polo futuro da gandería a través de “Habita Rural”, formando a migrantes de cinco países
Dende 2023 CLUN traballa coa ONG Ecos do Sur na formación de migrantes en ganderías…
Ponte Maceira, 10 de febreiro de 2014. – Con motivo da celebración dunha das festas máis importantes e conmemoradas de Galicia, o Entroido, a cooperativa Feiraco levará a cabo, por terceiro ano consecutivo, unha nova campaña especial que consistirá en diversas accións encamiñadas a animar durante estas datas a todos os galegos a vivir a festividade dun xeito especial. A cooperativa confíalle unha vez máis a creatividade á marca Rei Zentolo, que mantén a súa liña de deseño alternativo, orixinal e divertido, inspirado en motivos populares facilmente recoñecibles.
Co lema “Vive a aventura do Entroido”, a Feiraco aposta nesta ocasión por recrear o escenario das clásicas aventuras cos que todos nos podemos sentir identificados. Converterse nun pirata, nun sheriff ou nun superheroe é posible grazas á iniciativa de Feiraco, que anima a “maiores e pequeniños, todos disfrazadiños” a adentrarse neste mundo de conto e ensoño.
O Entroido de Feiraco viste Galicia de festa
Máis de dous millóns de envases compoñen esta edición especial Entroido e vestirán os liñais de venda, a disposición de todos os consumidores, desde agora ata o vindeiro 9 de marzo. As principais cidades e vilas galegas lucirán ademais orgullosas os ‘disfraces’ de Feiraco con mupis e valados publicitarios de gran dimensión. E tamén haberá lugar para a difusión on-line da campaña a través dos medios líderes en Galicia, da web corporativa de Feiraco (www.feiraco.es) e das redes sociais.