A Galicia máis cooperativaA cooperativa do leite galegoA maior cooperativa leiteira de GaliciaO rural é o noso compromiso
As nosas marcas reflexan a forma de facer as cousas que temos na nosa cooperativa: calidade, tradición e innovación. Todas elas con algo en común: a súa orixe, o rural galego.
Asesoramos aos nosos socios para que as súas explotacións sexan cada vez máis rendibles e poder así construír xuntos un rural con futuro.
A nosa cultura cooperativa crea impacto positivo na sociedade e protexe o rural. Non hai intermediarios industriais, é a cooperativa a que integra todo o proceso dos nosos produtos. Isto significa que coidamos de cada paso: dende o campo a ti.
Coidamos cada paso, dende a alimentación animal ata a elaboración dos nosos produtos, asegurándonos así de ofrecer a máxima calidade de principio a fin.
Apostamos pola innovación no rural e, tamén, pola innovación como metodoloxía aplicada a todos os nosos produtos e servizos co obxectivo de mellorar de forma continua.